Convocatoria de probas para a obtención dos Celga

No Diario Oficial de Galicia do día 8 de febreiro publicouse a Resolución pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4. Ao longo de 2010 levaranse a cabo dúas convocatorias en Galicia, a primeira en maio e a segunda no mes de novembro. Os prazos para a inscrición nalgunha das convocatorias rematan os días 25 de marzo para a primeira quenda e o 8 de outubro, para a segunda.

As datas en que se realizarán as probas son as seguintes:

Convocatoria de maio:

  • Celga 4: 22 de maio de 2010.
  • Celga 2: 23 de maio de 2010.
  • Celga 3: 29 de maio de 2010.
  • Celga 1: 30 de maio de 2010.

Convocatoria de novembro:

  • Celga 4: 20 de novembro de 2010.
  • Celga 2: 21 de novembro de 2010.
  • Celga 3: 27 de novembro de 2010.
  • Celga 1: 28 de novembro de 2010.

Os exames realizaranse nas localidades da Coruña, Santiago de Compostela Lugo, Ourense e Vigo.

Pode atopar máis información na páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística ou na Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2010.

Ligazóns recomendadas

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Posted under Convocatorias, Formación

Esta entrada foi escrita por SNL Cerceda o febreiro 9, 2010

Tags: , , ,

O Pleno do Concello de Cerceda insta á Xunta a retirar as bases do decreto de plurilingüismo

O Pleno do Concello de Cerceda aprobou, con 12 votos a favor (9 do Grupo Municipal do PSG-PSOE e 3 do Grupo Municipal do BNG) e unha abstención (do PP), unha moción presentada polo grupo socialista en que se insta á Xunta de Galicia a retirar as bases para a elaboración do decreto de plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia e á recuperación do consenso en materia lingüística.

Logo dunha exposición de motivos en que se salienta que a Xunta de Galicia "ten conseguido a dubidosa honra de que non exista ningunha institución nin sector da sociedade galega que defendan, sequera minimamente, as bases presentadas polo actual goberno Popular", e que "rachou co consenso lingüístico deste país, nomeadamente co Plan xeral de normalización lingüística aprobado por todo o arco parlamentario no ano 2004", o Pleno do Concello acordou instar á Xunta de Galicia ao seguinte:

  1. Establecer medidas de protección da lingua galega para superar a súa posición de desvantaxe.
  2. Non tomar medidas que supoñan pasos atrás no proceso de desenvolvemento do galego.
  3. Tomar, por contra as medidas precisas no eido da educación, que garanten a competencia plena do alumnado nas dúas linguas oficiais ao rematar o ensino secundario obrigatorio.
  4. Presentar un verdadeiro plan de aprendizaxe de linguas estranxeiras factible e rigoroso sobre a base de continuar e potenciar as medidas acometidas dende o anterior goberno e coa súa correspondente memoria económica que o faga factible.
  5. Reconstruír o consenso social e político, tomando como punto de partido o Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade no Parlamento na VI Lexislatura.
  6. A enmarcar o consenso, tal e como defende o Consello da Cultura Galega e impulsa o Grupo Parlamentario Socialista, na constitución no Parlamento de Galicia dunha Comisión parlamentaria na que, estando presente as tres forzas do arco parlamentario, conte coa participación das distintas institucións, sectores sociais, membros da comunidade educativa, ademais de asesores e especialistas, cara á redacción final dun texto que reflicta o consenso que en materia lingüística este país necesita.

Pode descargar unha copia deste acordo nesta ligazón

A nova nos medios

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Posted under Sen clasificar

Esta entrada foi escrita por SNL Cerceda o febreiro 3, 2010

Tags: , , , ,

Cursos de linguaxe administrativa que terán lugar nas escolas oficiais de idiomas de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publicou o mércores 3 de febreiro a Orde 2010 pola que se convocan cursos gratuítos de linguaxe administrativa galega, que terán lugar nas escolas oficiais de idiomas de Galicia. Os cursos impartiranse en dúas quendas: a primeira comezará en febreiro/marzo de 2010 e a segunda en outubro de 2010, en horario de mañá ou de tarde segundo a dispoñibilidade de aulas.

Os cursos van dirixidos ao persoal das diferentes administracións públicas de Galicia. No caso de non cubrirse as prazas ofertadas para cada curso, poderán solicitalos as persoas maiores de idade que posúan os certificados ou acreditacións equivalentes.

Os prazos para a presentación das solicitudes serán os seguintes:

  • Para a quenda de febreiro/marzo a xuño: será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
  • Para a quenda de outubro a xaneiro: do 1 ao 20 de setembro de 2010.

Dentro da área de influencia de Cerceda, os cursos de linguaxe que se convocan son os seguintes:

Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela

  • Curso de Linguaxe Administrativa de nivel Superior: 2º cuadrimestre de 2009-2010, de 13.00-15.00 h, os luns, martes e xoves
  • Curso de Linguaxe Administrativa de nivel Superior: 2º cuadrimestre de 2009-2010, de 13.00-15.00, os luns, martes e xoves
  • Curso de Linguaxe Administrativa de nivel Superior: 2º cuadrimestre de 2009-2010, de 18.30-21.30, os luns e mércores
  • Curso de Linguaxe Administrativa de nivel Superior: 2º cuadrimestre de 2009-2010, de 10.30-12.30, os martes, xoves e venres
  • Curso de Linguaxe Administrativa de Nivel Superior: 1º cuadrimestre de 2010-2011, con horarios e datas por determinar
  • Curso de Linguaxe Administrativa de Nivel Medio; 1º cuadrimestre de 2010-2011, con horarios e datas por determinar
  • Curso de Linguaxe Administrativa de Nivel Superior: 1º cuadrimestre de 2010-2011, con horarios e datas por determinar

Escola Oficial de Idiomas da Coruña

  • Curso de Linguaxe Administrativa de Nivel Medio: 1º cuadrimestre 2010-2011, con horario por determinar, os luns, mércores e venres

Para máis información pode consultar a orde da convocatoria, descargala en pdf, ou contactar co Gabinete Provincial da Secretaria Xeral de Política Lingüística.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Posted under Formación

Esta entrada foi escrita por SNL Cerceda o febreiro 3, 2010

Tags: , , ,

Presentación do libro “55 mentiras sobre a lingua galega” en Cerceda

A plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega ProLingua presentará o próximo venres 5 de febreiro a súa primeira publicación, titulada 55 mentiras sobre a lingua galega, coordinada polo profesor da Universidade de Vigo Xosé-Henrique Costas.

Esta publicación pretende ser un argumentario sinxelo e clarificador, ao tempo que sólido e rigoroso, que axude a sociedade galega a comprender e superar aquelas valoracións e interpretacións subxectivas, ideoloxizadas desde unha óptica exclusivamente partidista, erróneas ou perversas que perseguen o obxectivo de actuaren de freo ao camiño da necesaria reposición e normalización de usos para a lingua galega no seo da súa sociedade.

A obra será presentada simultaneamente en 63 localidades, galegas, españolas e mesmo europeas como París ou Bruxelas ou do mundo, como Nova York ou Bos Aires. A nosa localidade tamén acollerá a presentación organizada pola Plataforma Prolingua e en que colaboran as asociacións culturais Lucerna, Foucelhas e A Revoltosa.

A presentación será o venres 5 de febreiro ás 20:30 horas na Biblioteca Municipal de Cerceda e contará coa presenza de Manuel Lourenzo, X. Bocixa e o técnico de normalización do Concello de Cerceda.

Aquelas persoas que traian un texto breve para ler serán agasalladas pola organización.

Presentación de Pilar Ponte

Ligazóns recomendadas

A nova nos medios

ProLingua presentará mañá en Carballo , Baio e Cerceda «55 mentiras sobre a lingua galega», La Voz de Galicia, edición de Carballo.

Cerceda, 20.30. Na biblioteca. Estarán Manuel Lourenzo (dramaturgo), X. Bociña (asociación Lucerna) e Iván Méndez (normalizador lingüístico do Concello). Vos asistentes que ou desexen poderán levar un poema para ler e optar así a un agasallo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Posted under Dinamización

Esta entrada foi escrita por SNL Cerceda o febreiro 1, 2010

Tags: , , ,

Convocatoria de cursos Celga nas escolas de idiomas

No Diario Oficial de Galicia do 29 de xaneiro de 2010, publicouse a Orde do 18 de xaneiro de 2010 pola que se convocan cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se desenvolverán nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no ano 2010.

Os cursos que se convocan, con carácter gratuíto, desenvolveranse nas diferentes escolas de idiomas do país e están dirixidos a todas as persoas maiores de dezaseis anos. As solicitudes poderanse presentar na propia escola oficial de idiomas onde teña lugar o curso a partir do día seguinte ao da publicación desta orde e ata cinco días antes da data establecida por cada escola oficial de idiomas para o inicio do curso.

No ámbito próximo a Cerceda, só a EOI de Compostela ofrecerá cursos Celga, nas seguintes modalidades e datas:

  • Celga 2: 1º cuadrimestre 2010-2011, de mañá co horario por determinar e coas datas por determinar
  • Celga 3: 1º cuadrimestre 2010-2011, de mañá co horario por determinar e coas datas por determinar
  • Celga 3: 1º cuadrimestre 2010-2011, de tarde co horario por determinar e coas datas por determinar

Na orde da convocatoria, que pode descargar nesta ligazón, non aparece ningún curso na EOI da Coruña. Para máis información pode contactar connosco, ou co Gabinete Provincial da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Posted under Formación

Esta entrada foi escrita por SNL Cerceda o xaneiro 29, 2010

Tags: , , , ,

As nosas recomendacións: EuFalo.tv

A empresa galega A Navalla Suíza presentou o martes 26 de xaneiro un documental colaborativo sobre a relación dos e das galegas coa lingua galega, "unha historia colectiva sobre a lingua, dende o punto de vista dos seus falantes. É, por tanto, unha historia feita a partir de pequenas historias, un discurso feito con moitos discursos diferentes e variados" segundo anuncian na propia páxina web do proxecto, EuFalo.tv.

O proxecto parte co obxectivo de pór "caras ao Mapa Sociolingüístico de Galicia". Todos os galegos e galegas temos unha relación coa nosa lingua, unha historia ou anécdota que contar. Por iso, as persoas que están detrás do proxecto piden a colaboración da rede para, entre todos, crear un "documental sen fin" sobre a lingua. Só precisamos unha cámara de vídeo (ben vale a do móbil ou a dixital de fotos), unha historia e enviar un correo electrónico a  info at eufalo.tv.

Podes achar máis información sobre o proxecto e ver os vídeos que xa están dispoñíbeis na páxina web EuFalo.tv. Para colaborares, podes informarte nesta ligazón.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Posted under Dinamización

Esta entrada foi escrita por SNL Cerceda o xaneiro 27, 2010

Tags: , ,

Bases para a elaboración do decreto de plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia

O pasado 30 de decembro de 2009, a Xunta de Galicia, a Consellaría de Educación e a Secretaría Xeral de Política Lingüística deron a coñecer as Bases para a elaboración do decreto de plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.

Dende esta data e até o día 21 de xaneiro de 2010, en que se convocou un paro xeral no ensino e unha manifestación en Santiago de Compostela, foron múltiplos os estudos, informes, apreciacións e comunicados que se realizaron ao respecto.

Neste artigo presentamos unha relación de documentos e de ligazóns que poden ser de interese para clarexar este importante texto que regulará o ensino no país nos próximos anos.

Texto das bases

Informes e análises

Compilación de posicionamentos de entidades, tirada da páxina web da CTNL

  • A Mesa pola Normalización Lingüística: proposta de decreto vulnera ostensibelmente tanto tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos como a Lei de normalización lingüística
  • ANPE: ANPE defende o plurilingüismo nas aulas, pero ao longo da negociación deberán modificarse diversos aspectos das bases publicadas, coas que estamos en total desacordo
  • Asociación de Directores de Centros Públicos de Santiago de Compostela: O decreto suporá unha 'diminución da calidade no ensino.
  • Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG): Forzada involución no proceso normalizador da aprendizaxe do galego dentro do ámbito educativo, ignorando voces e argumentos dos especialistas da educación, da pedagoxía e dos profesionais do ensino
  • Asociación Internacional de Estudos Galegos: A Asociación Internacional de Estudos Galegos cre "un erro ético" o novo decreto
  • Asociación Profesional de Pedagogos de Galicia (Apega): ”Con el decreto del gallego no se va a ninguna parte”. "No se pueden dejar las decisiones sobre la lengua de las asignaturas al libre albedrío de los padres"
  • AS-PG: Non nos parecen axeitadas á nosa situación lingüística ningunha das propostas establecidas nas citadas Bases, por canto o futuro decreto pretende sustentarse en falsos argumentos pedagóxicos e de extensión do plurilingüismo
  • BNG: O decreto do galego é "o decreto da aldraxe" e non respecta a Carta Europea das Linguas Minorizadas
  • CCOO-Ensino: CCOO xa non era partidaria de que se rompera o consenso parlamentario acadado anteriormente sobre o Decreto do galego, mais unha vez manifestada a vontade unilateral do PP de suprimir o vixente, considera que a norma que se poña no seu lugar ten que vir avalada polo maior consenso político e social posible
  • CIG-Ensino: A CIG-Ensino rexeita o borrador para derrogar o Decreto 124/2007 porque supón unha involución na normalización lingüística e unha agresión ao noso idioma
  • Comités: O borrador de decreto para o uso do galego no ensino supón a meirande agresión contra o idioma proprio e un retroceso respecto de todos os decretos aprobados desde a promulgación da Lei de Normalización Lingüística en 1983
  • Converxencia XXI: O goberno do Partido Popular presenta á sociedade un borrador pouco claro no que utiliza o inglés como pretexto para deixar a porta aberta ás familias e aos centros para que “libremente” escollan saber menos galego
  • Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL): A proposta traslada aos centros escolares e ás familias un conflito creado por intereses políticos ao presentar un modelo que non se fundamenta en criterios estritamente pedagóxicos e demostra o descoñecemento da realidade dos centros
  • Esquerda Unida: Esquerda unida rexeita de plano as bases do decreto por ser un ataque político sen precedentes contra a nosa lingua
  • Foro de Curas Galegos: Une a súa voz coa de outros moitos que coidan insuficiente a concesión vixente sobor do ensino do galego, e reclama da autoridade competente a normalización da lingua galega
  • Galiza Nova: “O PP quer eliminar o galego do ensino para cortar de raíz o seu futuro, desde a mocidade”
  • Nova Escola Galega: O novo decreto imposibilita a adquisición das competencias lingüística
  • PP: Restablece a liberdade lingüística que nunca debeu perderse e bota por terra o decreto do bipartito posto en marcha no ano 2007
  • Prolingua: Desde ProLingua promoveremos accións propias en defensa da lingua e compartiremos as propostas polas outras plataformas que vaian dirixidas a impedir o glotocidio que se quere perpretar
  • PSdeG-PSOE: O PSdeG-PSOE cualificou de “despropósito” o borrador do Decreto do galego presentado por Feijóo e dixo que “busca trasladar ás aulas galegas o conflito da lingua xerado polo presidente da Xunta”.
  • Queremos Galego: Alberto Núñez Feijóo sabe que este decretazo non conta co respaldo nin das familias nin do profesorado nin do estudantado. Por iso o presentou no medio das vacacións, na véspera de fin de ano, á última hora do serán e mudando in extremis tamén o lugar de reunión do Consello da Xunta, por vez primeira na lexislatura
  • Real Academia Galega (RAG): Análise da RAG das "Bases para o decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia"
  • Sindicato de Estudantes: A Xunta do PP lanza un decreto educativo para atacar o galego: Hai que paralo
  • STEG: O novo decreto do galego é un clamoroso erro pedagóxico e político
  • UGT-Fete: As bases para o decreto do galego no ensino son confusas no fondo e impresentables na forma
  • Universidades galegas: comunicado conxunto das universidades da Coruña (UdC), Santiago de Compostela (USC) e Vigo (UVigo): Facemos un chamamento ás autoridades educativas para modificar as bases deste decreto conforme á obriga de potenciar o emprego do galego como principal sinal de identidade cultural
  • Xuventudes Socialistas: O borrador do Decreto do galego é unha burla ó noso país e racha por completo coa política de normalización e valorización que o galego viña tendo no noso ensino
Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Posted under Dinamización

Esta entrada foi escrita por SNL Cerceda o xaneiro 22, 2010

Tags: , ,

Convocatoria dos Celga para o 2010

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca para este ano un total de 185 cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis 1, 2, 3 e 4 do Certificado de lingua galega (Celga). A convocatoria, publicada o día 11 de xaneiro de 2010 no Diario Oficial de Galicia, vai dirixida a particulares (adultos), colectivos, entidades e/ou organizacións que conten cun mínimo de 25 persoas preinscritas para asistiren aos cursos.

Podes consultar a convocatoria, cos diferentes prazos de inscrición e os lugares en que se realizarán no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Tamén, para calquera cuestión relacionada con estes cursos, ademais das validacións, podes contactar connosco (avenida do Mesón, 3.º andar, 981 688 068) no horario de 9.30 a 14.00 h ou tamén a través do noso servizo de preguntar na Internet, dispoñíbel na barra lateral deste web e no enderezo http://www.formspring.me/snlcerceda.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Posted under Formación

Esta entrada foi escrita por SNL Cerceda o xaneiro 12, 2010

Tags: , , , , , ,

Tes algo que me preguntar?

Grazas ao blogue de María Loureiro, Tecnoloxía.org, descubrimos un novo servizo da denominada web 2.0, o Formspring.me, un sistema mediante o que calquera persoa pode facer preguntas e cuxa resposta se alberga nun sitio web.

A partir de agora, na barra lateral esquerda deste blogue todas as persoas que acceden ao blogue terán un formulario para preguntar calquera cuestión relacionada coa lingua e coa normalización (asesoramento lingüístico, cursos, lexislación...). As respostas poden verse nesta outra páxina.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Posted under Dinamización

Esta entrada foi escrita por SNL Cerceda o xaneiro 5, 2010

Tags: , , ,

Un Nadal de agasallos. Un Nadal en galego

Achégase o Nadal e, con el, os compromisos que cumprir e os agasallos que queremos realizar. É por isto polo que publicamos esta pequena guía de agasallos culturais: libros para os peques da casa ou novelas policíacas, cedés con música variada ou filmes para vermos nas nosas ferias. Unha pequena selección cuxo fío condutor é a súa extraodinaria calidade e teren o galego como lingua.

Neste documento achegamos algunhas propostas para agasallarmos aos nosos seres queridos. Todas elas para lermos, para escoitarmos e para vermos en galego. Todas elas para gozarmos e compartirmos, entre todos, a felicidade e a grandeza de posuirmos lingua de noso.

Se desexas descargar este documento, podes facelo a través desta ligazón (pdf)

Un Nadal en galego

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Posted under Dinamización

Esta entrada foi escrita por SNL Cerceda o novembro 24, 2009

Tags: , ,