Mil festas máis para a lingua galega

O Concello de Redondela, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e coa TVG, está a promover unha campaña de normalización lingüística para potenciar o uso do galego nas festas populares. Esta campaña foi difundida entre os concellos de Galiza e a ela se uniron arredor de 120, entre os que se acha o noso concello.

Para potenciar o uso do galego no ámbito das festas populares, o manifesto e a camapaña recolle unha serie de medidas que se deberá ter en conta: o respecto á toponimia do país na publicidade das festas, a corrección no uso gramatical, a redacción en galego dos contratos coas orquestras, bandas, atraccións etc., o uso do galego nas celebracións relixiosas, unha porcentaxe mínima de uso do galego no repertorio das orquestras…

Se desexa consultar o texto da campaña, pode premer esta ligazón.

One ResponseMil festas máis para a lingua galega to “”

  1. Carta aberta ao secretario xeral de Política Lingüística | Éche o que hai…

    […] non me parecen urxentes, ademais de que é un tema que se leva a tratar con «urxencia» desde hai cinco anos. Si a xustiza, o deporte, a música etc. etc. etc. Mais permíteme pór en cuestión o teu traballo […]