Bases para a elaboración do decreto de plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia

O pasado 30 de decembro de 2009, a Xunta de Galicia, a Consellaría de Educación e a Secretaría Xeral de Política Lingüística deron a coñecer as Bases para a elaboración do decreto de plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.

Dende esta data e até o día 21 de xaneiro de 2010, en que se convocou un paro xeral no ensino e unha manifestación en Santiago de Compostela, foron múltiplos os estudos, informes, apreciacións e comunicados que se realizaron ao respecto.

Neste artigo presentamos unha relación de documentos e de ligazóns que poden ser de interese para clarexar este importante texto que regulará o ensino no país nos próximos anos.

Texto das bases

Informes e análises

Compilación de posicionamentos de entidades, tirada da páxina web da CTNL

  • A Mesa pola Normalización Lingüística: proposta de decreto vulnera ostensibelmente tanto tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos como a Lei de normalización lingüística
  • ANPE: ANPE defende o plurilingüismo nas aulas, pero ao longo da negociación deberán modificarse diversos aspectos das bases publicadas, coas que estamos en total desacordo
  • Asociación de Directores de Centros Públicos de Santiago de Compostela: O decreto suporá unha ‘diminución da calidade no ensino.
  • Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG): Forzada involución no proceso normalizador da aprendizaxe do galego dentro do ámbito educativo, ignorando voces e argumentos dos especialistas da educación, da pedagoxía e dos profesionais do ensino
  • Asociación Internacional de Estudos Galegos: A Asociación Internacional de Estudos Galegos cre “un erro ético” o novo decreto
  • Asociación Profesional de Pedagogos de Galicia (Apega): ”Con el decreto del gallego no se va a ninguna parte”. “No se pueden dejar las decisiones sobre la lengua de las asignaturas al libre albedrío de los padres”
  • AS-PG: Non nos parecen axeitadas á nosa situación lingüística ningunha das propostas establecidas nas citadas Bases, por canto o futuro decreto pretende sustentarse en falsos argumentos pedagóxicos e de extensión do plurilingüismo
  • BNG: O decreto do galego é “o decreto da aldraxe” e non respecta a Carta Europea das Linguas Minorizadas
  • CCOO-Ensino: CCOO xa non era partidaria de que se rompera o consenso parlamentario acadado anteriormente sobre o Decreto do galego, mais unha vez manifestada a vontade unilateral do PP de suprimir o vixente, considera que a norma que se poña no seu lugar ten que vir avalada polo maior consenso político e social posible
  • CIG-Ensino: A CIG-Ensino rexeita o borrador para derrogar o Decreto 124/2007 porque supón unha involución na normalización lingüística e unha agresión ao noso idioma
  • Comités: O borrador de decreto para o uso do galego no ensino supón a meirande agresión contra o idioma proprio e un retroceso respecto de todos os decretos aprobados desde a promulgación da Lei de Normalización Lingüística en 1983
  • Converxencia XXI: O goberno do Partido Popular presenta á sociedade un borrador pouco claro no que utiliza o inglés como pretexto para deixar a porta aberta ás familias e aos centros para que “libremente” escollan saber menos galego
  • Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL): A proposta traslada aos centros escolares e ás familias un conflito creado por intereses políticos ao presentar un modelo que non se fundamenta en criterios estritamente pedagóxicos e demostra o descoñecemento da realidade dos centros
  • Esquerda Unida: Esquerda unida rexeita de plano as bases do decreto por ser un ataque político sen precedentes contra a nosa lingua
  • Foro de Curas Galegos: Une a súa voz coa de outros moitos que coidan insuficiente a concesión vixente sobor do ensino do galego, e reclama da autoridade competente a normalización da lingua galega
  • Galiza Nova: “O PP quer eliminar o galego do ensino para cortar de raíz o seu futuro, desde a mocidade”
  • Nova Escola Galega: O novo decreto imposibilita a adquisición das competencias lingüística
  • PP: Restablece a liberdade lingüística que nunca debeu perderse e bota por terra o decreto do bipartito posto en marcha no ano 2007
  • Prolingua: Desde ProLingua promoveremos accións propias en defensa da lingua e compartiremos as propostas polas outras plataformas que vaian dirixidas a impedir o glotocidio que se quere perpretar
  • PSdeG-PSOE: O PSdeG-PSOE cualificou de “despropósito” o borrador do Decreto do galego presentado por Feijóo e dixo que “busca trasladar ás aulas galegas o conflito da lingua xerado polo presidente da Xunta”.
  • Queremos Galego: Alberto Núñez Feijóo sabe que este decretazo non conta co respaldo nin das familias nin do profesorado nin do estudantado. Por iso o presentou no medio das vacacións, na véspera de fin de ano, á última hora do serán e mudando in extremis tamén o lugar de reunión do Consello da Xunta, por vez primeira na lexislatura
  • Real Academia Galega (RAG): Análise da RAG das “Bases para o decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia”
  • Sindicato de Estudantes: A Xunta do PP lanza un decreto educativo para atacar o galego: Hai que paralo
  • STEG: O novo decreto do galego é un clamoroso erro pedagóxico e político
  • UGT-Fete: As bases para o decreto do galego no ensino son confusas no fondo e impresentables na forma
  • Universidades galegas: comunicado conxunto das universidades da Coruña (UdC), Santiago de Compostela (USC) e Vigo (UVigo): Facemos un chamamento ás autoridades educativas para modificar as bases deste decreto conforme á obriga de potenciar o emprego do galego como principal sinal de identidade cultural
  • Xuventudes Socialistas: O borrador do Decreto do galego é unha burla ó noso país e racha por completo coa política de normalización e valorización que o galego viña tendo no noso ensino
Chuzame! A Facebook A Twitter

Os comentarios están pechados.

Olark Livehelp