Convocatoria de probas para a obtención dos Celga

No Diario Oficial de Galicia do día 8 de febreiro publicouse a Resolución pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4. Ao longo de 2010 levaranse a cabo dúas convocatorias en Galicia, a primeira en maio e a segunda no mes de novembro. Os prazos para a inscrición nalgunha das convocatorias rematan os días 25 de marzo para a primeira quenda e o 8 de outubro, para a segunda.

As datas en que se realizarán as probas son as seguintes:

Convocatoria de maio:

  • Celga 4: 22 de maio de 2010.
  • Celga 2: 23 de maio de 2010.
  • Celga 3: 29 de maio de 2010.
  • Celga 1: 30 de maio de 2010.

Convocatoria de novembro:

  • Celga 4: 20 de novembro de 2010.
  • Celga 2: 21 de novembro de 2010.
  • Celga 3: 27 de novembro de 2010.
  • Celga 1: 28 de novembro de 2010.

Os exames realizaranse nas localidades da Coruña, Santiago de Compostela Lugo, Ourense e Vigo.

Pode atopar máis información na páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística ou na Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2010.

Ligazóns recomendadas

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Posted under Convocatorias, Formación

Esta entrada foi escrita por Admin o febreiro 9, 2010

Tags: , , ,

Premios á innovación en normalización lingüística nos centros escolares

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e a Secretaría Xeral de Política Lingüística convocan os premios de innovación en materia de normalización lingüística, dirixidos aos centros públicos que desenvolvan os proxectos presentados durante o curso académico 2009-2010. O prazo de presentación remata o 10 de outubro.

Segundo a convocatoria, entregaranse 7 premios, 3 menos que na convocatoria anterior, a proxectos que fomenten o galego oral en novos ámbitos dentro e fóra das aulas, o achegamento á lingua por parte de estudantes estranxeiros/as, o favorecemento ao uso da lingua por parte de asociacións, empresas, etc., e a relación da lingua galega coas tecnoloxías da información e a comunicación. Cada un dos premios está dotado con 3.000 euros.

Pode consultar a convocatoria e todos os documentos relacionados nesta páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Fonte da nova: CTNL

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Posted under Convocatorias

Esta entrada foi escrita por Admin o setembro 9, 2009

Tags: , , ,

Publícanse as datas e horas para realizar as probas do Celga 2009

A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou o calendario en que terán lugar as probas para obter os títulos Celga na convocatoria do mes de maio.

Dentro da nosa área, as probas terán lugar en Santiago de Compostela, na Escola Oficial de Idiomas (rúa de Ulpiano Villanueva, 1, 2 ), e na Coruña tamén na Escola Oficial de Idiomas (avenida de Pepín Rivero s/n).

O calendario das probas será o seguinte:

  • Celga 4: sábado 23 de maio
  • Celga 2: domingo 24 de maio
  • Celga 3: domingo 30 de maio
  • Celga 1: domingo 31 de maio

Os chamamentos faranse a partir das 8.45 h e as probas comezarán ás 9.00 h. As persoas candidatas deberán levar o DNI/pasaporte e un bolígrafo azul. Os chamamentos para as probas orais realizaranse por orde inversa de apelidos (do Z ao A), segundo o artigo 13.4 da Resolución do 30 de decembro de 2008, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2009.

Se desexa consultar a localización das probas noutras cidades, pode facelo neste documento en PDF da propia Secretaría Xeral de Política Lingüística e para se informar sobre os Celga, pode facelo nesta páxina web.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Posted under Convocatorias

Esta entrada foi escrita por Admin o maio 19, 2009

Tags: , , , , , , , ,

Éxito da manifestación do Día das Letras galegas

De Imaxes do blogue

Máis de 30.000 persoas asistiron este domingo á manifestación "O galego, a nosa columna vertebral", que tivo lugar o domingo 17 de maio en Compostela.

Podes achar máis información sobre a manifestación nas ligazóns seguintes:

NOVAS

FOTOGALERÍAS

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Posted under Convocatorias, Dinamización

Esta entrada foi escrita por Admin o maio 19, 2009

Tags: , , , ,

Convocatoria de reunión para os ENDL de toda Galiza

Na páxina web do ENDL Félix Muriel vemos o comunicado seguinte

Ola a todos/as.

Somos un grupo de persoas que está a traballar en ENDL de diferentes centros de Ensino da zona de Santiago que nos xuntamos para falarmos de como podemos afrontar a nova situación canto á normalización da nosa lingua. Dado que as cousas van mudar, e parece que non para ben, consideramos que é necesario transmitirlle á sociedade e ao novo goberno o que pensamos ao respecto dos cambios anunciados. Por iso vos convocamos a unha reunión que se celebrará o vindeiro sábado 28 de marzo ás 16.30 da tarde no Instituto Galego de Información (IGI) (San Marcos, Estrada do Aeroporto, ao pasar o Hotel Apóstol Santiago). O obxectivo da reunión é o seguinte:

  • Avaliarmos a posibilidade de facermos pública a nosa posición canto ao Decreto 124/2007, que se quere derrogar. Levaremos un texto base para consensuarmos antes de mandalo aos medios. Sería un texto de carácter técnico, como normalizadores que somos, e para nada incompatible con outros posicionamentos que poidan facer outras organizacións sociais e políticas que fagan algo ao respecto.
  • Pensarmos na posibilidade de crearmos unha Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística para actuar colectivamente a prol da nosa lingua tanto a nivel particular, nos nosos centros, como en xeral, na sociedade.

Por favor, comunicádelle esta convocatoria a todos cantos membros dos ENDL coñezades, e que polos motivos que foren non leron esta información.

Agardamos contar coa vosa asistencia para entre todos poder traballar para conseguir obxectivos normalizadores.

Por favor, confirmade asistencia.

Saúdos a todos/as.

  • Román Landín Cerqueiro (CEIP Aurelio-Cuntis)
  • Valentina Formoso Gosende (IES Félix Muriel- Rianxo)
  • Xesús Mosquera (CRA de Santa Comba)
  • Luís Aldegunde (CEIP de Rois)
  • Sara Paz (CEIP da Baña)
  • Pila Buela (IES de Valga)
  • Gracia Sanctorum (IES Pintor Colmeiro-Silleda)
  • Sechu Sende (IES Marco do Camballón-Vila de Cruces)
  • Daniel Asorei (CEIP de Touro)
  • Xoán Constenla (CEIP de Portas)
  • Ana Rial (IES de Caldas)
  • Miguel Louzao Outeiro (IES Coroso-Ribeira)
Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Posted under Convocatorias

Esta entrada foi escrita por Admin o marzo 23, 2009

Tags: , ,

Lingua de amor 2009

Vista no web da CTNL

O Consello da Xuventude de Galicia (CXG) presentou o día 16 a terceira edición do seu concurso Lingua de Amor, organizado con motivo da celebración do Día das Letras Galegas e do Día Internacional da Internet e cuxo obxectivo principal é dinamizar o uso da lingua galega entre os máis novos en espazos de comunicación habituais para eles, como son os correos electrónicos, foros ou chats.

O concurso está divido en dúas categorías: mensaxes e cancións. O prazo permanecerá aberto ata o 10 de maio de 2009 e para as votacións será do 11 ao 17 de maio. Para participar só hai que rexistrarse na páxina web www.linguadeamor.eu

Os premios divídense do xeito seguinte:

DECLARACIÓNS DE AMOR EN GALEGO A TRAVÉS DA REDE

Categoría A (de 14 a 19 anos):

1.º Un ordenador portátil
2.º Unha videoconsola PlayStation3
3.º Un Ipod

Categoría B (de 20 a 35 anos):

1.º Un ordenador portátil + unha cea para dúas persoas
2.º Unha videoconsola PlayStation3 + unha cea para dúas persoas
3.º Un Ipod + unha cea para dúas persoas

Ademais, todos eles recibirán un lote de libros en galego

CANCIÓNS DE AMOR EN LINGUA GALEGA


1.º Un ordenador portátil + unha fin de semana nunha casa de turismo rural
2.º Unha videoconsola PlayStation3 + unha fin de semana nunha casa de turismo rural
3.º Un Ipod + unha fin de semana nunha casa de turismo rural

Podes consultar as bases nesta ligazón.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Posted under Convocatorias, Dinamización

Esta entrada foi escrita por Admin o marzo 17, 2009

Tags: , , , ,

Convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2009

No Diario Oficial de Galicia do 15 de xaneiro de 2009 publícase a resolución pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2009.

No ano 2009, realizaranse 3 convocatorias de exames:

  • Convocatoria de maio de 2009, para Galicia, resto do Estado español e Europa.
  • Convocatoria de outubro de 2009, especial e única para América.
  • Convocatoria de novembro de 2009, para Galicia, resto do Estado español e Europa

Datas de realización das probas

Convocatoria de maio:

  • Celga 4: 23 de maio de 2009.
  • Celga 2: 24 de maio de 2009.
  • Celga 3: 30 de maio de 2009.
  • Celga 1: 31 de maio de 2009.

Convocatoria de novembro:

  • Celga 4: 21 de novembro de 2009.
  • Celga 2: 22 de novembro de 2009.
  • Celga 3: 28 de novembro de 2009.
  • Celga 1: 29 de novembro de 2009.

En Galiza, as probas realizaranse nas seguintes localidades: A Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Vigo. As persoas interesadas deberán sinalar na solicitude de inscrición a localidade na que se van presentar

Poderase realizar mediante a presentación da solicitude que figura no anexo I da convocatoria. Enviaranse á Secretaría Xeral de Política Lingüística se pretende presentarse ás probas en Santiago de Compostela ou aos gabinetes provinciais de Política Lingüística das provincias nas que pretenda realizar as probas. Pódense presentar directamente no Rexistro Central da Xunta de Galicia, nos das súas delegacións provinciais ou territoriais ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro

No web da Secretaría Xeral de Política Lingüística figura un formulario que permite cubrir e editar a solicitude. Tamén figura unha ligazón para efectuar o pagamento telemático da taxa.

A lista provisional de admitidos/as para cada un dos niveis e localidades publicarase na web www.xunta.es/linguagalega, 30 días naturais antes da data de realización das probas

Podes consultar a convocatoria completa nesta ligazón

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Posted under Convocatorias

Esta entrada foi escrita por Admin o xaneiro 15, 2009

Tags: , , , , , ,

Convocatoria de subvencións a entidades sen fin de lucro para incrementar o uso da lingua galega na transmisión familiar e na mocidade

(Nova tirada do web da CTNL)

No DOG do 31 de decembro de 2008 publicouse a Resolución pola que se regula a concesión de subvencións a entidades privadas sen fin de lucro para incrementar os usos da lingua galega na transmisión familiar e na mocidade.

OBXECTO

Esta convocatoria ten por obxecto regular, para o exercicio 2009, a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva a entidades privadas sen fin de lucro con incidencia nos ámbitos da familia, da infancia e da mocidade que presenten proxectos de actuación encamiñados a ampliar e/ou reforzar os usos da lingua galega.

As subvencións teñen como fin o de desenvolver as medidas que se recollen nas áreas de transmisión familiar e de mocidade do Plan xeral de normalización da lingua galega, cara a promover a programación e a realización de proxectos especificamente relacionados con estas áreas concretas, e deseñados de acordo con obxectivos como cocienciar as familias das vantaxes do coñecemento e uso do galego, fomentar a transmisión da lingua galega, aumentar a presenza da lingua no ámbito infantil, estimular actitudes favorábeis nas xeracións máis novas, potenciar o uso do galego como lingua de relación da mocidade, etc.

ENTIDADES DESTINATARIAS

Poden solicitar estas subvencións todas as entidades sen fin de lucro legalmente constituídas, excepto: as administracións públicas, as asociacións de nais e pais de alumnos/as e as agrupacións destas.

Cada entidade poderá presentar un único proxecto.

ACTIVIDADES SUBVENCIONÁBEIS

Son actividades subvencionábeis todas aquelas consistentes en:

-Fomentar o uso do galego como lingua de transmisión familiar de pais/nais a fillos/as.
-Propiciar que os responsábeis dos servizos persoais á comunidade (educadores/as, monitores/as, técnicos/as culturais, traballadores/as sociais, etc.) sexan dinamizadores/as da lingua galega.
-Fomentar o uso do galego nos contextos sociais de máis impacto e utilización por parte da mocidade (pubs, discos, bares, etc.).
-Fomentar a utilización do galego nas actividades deportivas.
-Interrelacionar mozos/as de diferentes perfís lingüísticos a través de actividades de lecer (campamentos, obradoiros, excursións, etc.).
-Crear diversos soportes en galego de información e interrelación xuvenil (revistas, webs, blogs, soportes audiovisuais, xogos, software, etc.).
-Deseñar e executar plans de normalización lingüística e crear ou manter gabinetes de normalización lingüística para galeguizar o funcionamento e as actividades das entidades.

PRAZO DE SOLICITUDE

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da resolución do DOG (31/12/08).

Resolución completa en .pdf (DOG do 31/12/08)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Posted under Convocatorias

Esta entrada foi escrita por Admin o xaneiro 2, 2009

Tags: , , ,

Concurso para exposición do Día das Letras Galegas 2009

A Secretaria Xeral de Política Lingüística convoca o concurso para elaborar a exposición sobre a obra, a época e a lingua do autor homenaxeado en 2009, Ramón Piñeiro. Poderán participar todos os centros de ensino non universitario e establécense dúas categorías (A educación infantil e primaria, B) os restantes) centros).

Entre os centros participantes elixirase a mellor exposición de cada categoría, que se imprimirá e que se distribuirá entre todos os centros de ensino no país co motivo do Día das Letras e ademais recibirá un premio de 3000 euros.

Pode consultar a base completa da convocatoria na ligazón seguinte:

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Posted under Convocatorias

Esta entrada foi escrita por Admin o outubro 20, 2008

Tags: ,