Archive for the 'Dinamización' category

Primavera das letras: vas perdela?

O venres 27 de maio aos e ás máis peques de Cerceda agárdalles unha tarde de diversión na Biblioteca Municipal da Silva e no Auditorio de Cerceda. Vas perdela? Pois retira xa os teus convites! No Auditorio Municipal de Cerceda, a compañía Títeres Cachirulo presenta “Un bo rato con algúns ratos”. Darío Abecé é un […]

Apúntate ao galego: xa temos os traballos premiados do concurso de carteis do Día das Letras

O Concurso de Carteis do Día das Letras organizado polo Concello de Cerceda e mais os centros de ensino do concello (CPI O Cruce de Cerceda, CEIP Celso Emilio Ferreiro da Silva e o CEIP O Calvario de Queixas) xa ten os traballos gañadores. O xurado encargado para valorar os traballos presentados reuniuse o 12 […]

As ondas da Radio Cerceda volven inzar o ar de palabras

Durante os días 29 e 30 de novembro, e 1 de decembro, o alumnado de educación infantil e primaria do CPI O Cruce de Cerceda recibiron a visita dos compañeiros da editorial Kalandraka, que levaron a cabo tres obradoiros distintos (oralidade, de escrita creativa e de gráfica creativa) segundo a súa idade. Estes obradoiros complementáronse […]

E que agasallo.eu?

Tes mozo a quen tes ganas de sorprender? Andas procurando ese detalle para túa nai? Teu pai está farto da mesma garabata ou da colonia de sempre? Queres darlle algo a teu irmán para que apague o trebello? Ou, simplemente, queres agasallarte? Pois aquí tes Agasallo.eu, un catálogo de produtos cun mesmo fío: a lingua […]

Cerceda fica inzado de palabras no ar

O concello de Cerceda ficou inzado de Palabras no ar. O Centro Cívico  viviu esta semana os obradoiros de Palabras no Ar que organizaron a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a editorial Kalandraka, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística e o CPI O Cruce de Cerceda. Durante as xornadas do luns, do martes […]

Merendas e contos na Biblioteca da Silva e no Auditorio de Cerceda

O programa AnimaLectura do Concello de Cerceda programa para o vindeiro 19 de novembro unha nova tarde de contos e merendas na Biblioteca da Silva e no Auditorio de Cerceda. Para asistires, tes de conseguir os teus convites na Biblioteca da Silva e na Oficina Municipal de Información Xuvenil de Cerceda. As actuacións son as […]

O luns 11 de outubro representarase a obra Pingueiras e Tarteiras no Auditorio

O luns 11 de outubro a compañía Teatro del Andamio representará no Auditorio Municipal a obra “Pingueiras e Tarteiras”, un espectáculo dirixido a nenos e nenas entre os 4 e os 12 anos. A obra comezará ás 18.00 horas. A obra, escrita por Teresa González e publicada por Edicións Xerais de Galicia, recibiu o Premio […]

O Concello de Cerceda programa diferentes actividades para celebrar o Día das Letras

O Concello de Cerceda organiza, co motivo do Día das Letras, unha serie de actividades para promocionar e difundir a nosa literatura, que terá lugar o venres 14 de maio. A xornada comezará ás 10.00 horas no CEIP Celso Emilio Ferreiro da Silva, coa entrega de premios do I Certame de Postais. A seguir, ás […]

Xa temos gañadores dos certames do Día das Letras

E O xurado reuniuse o venres 7 maio para elixir os traballos gañadores dos dous certames que o Concello de Cerceda convocou con motivo do Día das Letras Galegas e que estaban dirixidos ao alumnado dos centros do concello. O xurado expresou a grande calidade dos traballos que se presentaron nos dous certames e acordou […]

Primavera das Letras en Cerceda. Contacontos nas bibliotecas municipais

O Concello de Cerceda organiza un programa de actividades de dinamización e de animación á lectura nas bibliotecas municipais da Silva e de Cerceda. O programa iniciase o próximo venres 23 de abril ás 17.30 h. As actuacións para o día 23 son as seguintes: * COMPAÑÍA DO TRINKE TRINKE: Os ratos de lonxedetodo visitan […]