Archive for the 'Dinamización' category

Máis un ano, namórate con Lingua de amor

O Consello da Xuventude de Galicia, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, presenta a cuarta edición de Lingua de amor, o concurso de cancións e declaracións de amor a través do correo electrónico. O concurso Lingua de amor parte co obxectivo principal de estender o uso do galego como lingua habitual entre a […]

Orgullos@s do noso. Orgullos@s do galego

Orgullos@s do galego é un vídeo da Coordinadora Galega ENDL que podes ver en Vimeo. A Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística presentou o luns 22 de febreiro en Compostela a campaña Orgullos@s do noso. Orgullos@s do galego. A campaña parte co obxectivo de transmitirlle á comunidade educativa mais tamén ao conxunto da […]

Presentación do libro “55 mentiras sobre a lingua galega” en Cerceda

A plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega ProLingua presentará o próximo venres 5 de febreiro a súa primeira publicación, titulada 55 mentiras sobre a lingua galega, coordinada polo profesor da Universidade de Vigo Xosé-Henrique Costas. Esta publicación pretende ser un argumentario sinxelo e clarificador, ao tempo que sólido e rigoroso, que […]

As nosas recomendacións: EuFalo.tv

A empresa galega A Navalla Suíza presentou o martes 26 de xaneiro un documental colaborativo sobre a relación dos e das galegas coa lingua galega, “unha historia colectiva sobre a lingua, dende o punto de vista dos seus falantes. É, por tanto, unha historia feita a partir de pequenas historias, un discurso feito con moitos […]

Bases para a elaboración do decreto de plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia

O pasado 30 de decembro de 2009, a Xunta de Galicia, a Consellaría de Educación e a Secretaría Xeral de Política Lingüística deron a coñecer as Bases para a elaboración do decreto de plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. Dende esta data e até o día 21 de xaneiro de 2010, en que se […]

Tes algo que me preguntar?

Grazas ao blogue de María Loureiro, Tecnoloxía.org, descubrimos un novo servizo da denominada web 2.0, o Formspring.me, un sistema mediante o que calquera persoa pode facer preguntas e cuxa resposta se alberga nun sitio web. A partir de agora, na barra lateral esquerda deste blogue todas as persoas que acceden ao blogue terán un formulario […]

Un Nadal de agasallos. Un Nadal en galego

Achégase o Nadal e, con el, os compromisos que cumprir e os agasallos que queremos realizar. É por isto polo que publicamos esta pequena guía de agasallos culturais: libros para os peques da casa ou novelas policíacas, cedés con música variada ou filmes para vermos nas nosas ferias. Unha pequena selección cuxo fío condutor é […]

Recursos para a lingua. Un proxecto do SNL do Concello de Cerceda para difundir entre o persoal

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cerceda está a traballar nun recurso interactivo para difundir entre o persoal do Concello e entre todas as persoas interesadas: os Recursos para a lingua. O principal obxectivo é achegar unha serie de recursos para reforzar a competencia lingüística do persoal a través de fornecer algunhas ligazóns […]

O galego: patrimonio da humanidade

Acaba de publicarse o manifesto O Galego. Patrimonio da humanidade, un texto que ten por obxectivo converterse nunha iniciativa lexislativa popular e, sobre todo, defender a normalización da nosa lingua. O manifesto está dispoñíbel no enderezo http://galegopatrimoniodahumanidade.blogaliza.org, onde tamén poden subscribilo aquelas persoas insteresadas. A continuación reproduciomos o manifesto GALEGO. PATRIMONIO DA HUMANIDADE Ata hai […]

Dille ao mundo que o usas. Navega en galego

A pesar de que poidas ter unha versión traducida ao galego do teu navegador, isto non implica necesariamente que estea configurado para navegar na nosa lingua. Tanto o máis importante que o propio menú é a lingua en que está configurado para navegar a través da rede: sen o saberes, estás a dar a coñecer […]