Archive for the 'Recursos' category

Os meus favoritos: guía de recursos na Internet

Os concellos de Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso e Zas, a través dos seus servizos de normalización lingüística, difunden unha guía con preto de 200 sitios web en galego de distintas temáticas. Os 8.000 exemplares da guía van difundirse en centros de ensino, asociacións, espazos municipais etc, unha guía que pretende contribuír á difusión da […]

Toupa.net, furando nos vizosos campos da cultura galega

Mercar o último disco de Lamatumbá, a última novela de Teresa Moure ou procurar un agasallo especial é hoxe máis fácil. Hai unhas semanas púxose en marcha o web Toupa.net, un espazo creado para achegar a produción cultural con perspectiva galega que é difícil de atopar nas canles tradicionais de distribución. Así o portal pretende […]

Unha xanela aberta ao galego

A multinacional estadounidense Microsoft vén de pór á disposición das persoas usuarias o parche da última versión do seu sistema operativo, o Windows 7, para gozarmos dunha interface traducida ao galego. O proceso para instalar este “parche” de galego é o seguinte. En primeiro lugar, existen dúas versións, unha de 32 bits e outra de […]

ANT Lingua: espazo para resolvermos as dúbidas lingüísticas

O diario dixital A Nosa Terra inaugura ANT Lingua, un espazo sobre como mellorar a fala e escrita en galego baseado na participación dos usuarios e usuarias do xornal A nova sección de A Nosa Terra, ANT Lingua é un espazo de divulgación do idioma galego que se vai renovar cada día e que quere […]

Un novo recurso: Manual básico de documentación administrativa e xurídica

Esta mañá foi presentado o Manual básico de documentación administrativa e xurídica, unha publicación que recolle modelos de documentación xurídica en galego para facilitar e promover o labor dos e das profesionais da Administración de Xustiza. O Manual básico de documentación administrativa e xurídica, que se pode descargar en formato PDF nesta ligazón, inclúe unha […]

Procura o significado dunha palabra mentres navegas

Hai máis de 1 ano, apareceu o Digalego, o dicionario de galego na rede máis completo, ao estar formado por máis de 65 000 entradas. Para alén de novas características que se foron engadindo (buscas por idiomas diferentes ao galego, conxugador verbal…) nas últimas datas a Editorial Ir Indo, promotora deste recurso, está avanzando na […]

Tes dúbidas? Consulta a Síntese gramatical do SNL da UDC

Hai unhas semanas saía do prelo un novo documento para podermos solucionar as nosas dúbidas. Trátase da Síntese gramatical, un manual elaborado polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña e que está dispoñíbel na rede para consultármola ou descargármola. A Síntese gramatical, elaborada por Xesús M. Mosquera Carregal e Sara Pino Ramos, trátase […]

Vocabulario de morfoloxía, anatomía e citoloxía veterinaria

Esta semana presentouse, na Facultade de Veterinaria da USC, o Vocabulario de morfoloxía, anatomía e citoloxía veterinaria, un proxecto terminolóxico en que participaron tres veterinarios e tres expertos en terminoloxía, coa coordinación de Xusto Rodríguez Río, da Área de Terminoloxía do Servizo de Normalización da USC. O vocabulario, que se pode consultar e descargar en […]

Tradutor galego-inglés-galego

A empresa Imaxin Software presentou o primeiro tradutor inglés-galego/galego-inglés de código aberto. O servizo atópase aínda en fase de prototipo e está baseado, ademais, no motor Opentrad. O proxecto foi financiado pola Consellaría de Innovación e Industria, contou coa colaboración das universidades de Vigo e Santiago de Compostela e foi realizado pola empresa imaxin|software. A […]

O Firefox 3 xa ten versión oficial en galego

A pesar da demora, o navegador da internet Firefox xa ten unha versión oficial en galego, que se pode descargar desde a páxina oficial do proxecto Para poder empregar o navegador en galego, antes debiamos engadir un complemento coa tradución ao noso idioma, mais sempre tendo como base o navegador nun outro. Agora xa se […]