Archive for the 'Recursos' category

Glosario castelán-galego de termos xurídicos dubidosos

O Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela acaba de pór dispoñíbel na rede o Glosario galego-castelán de termos xurídicos dubidosos, un dicionario que se pode consultar no enderezo www.icasantiago.org/glosario/term.html O vocabulario foi revisado polo Termigal e sairá publicado no vindeiro número da revista Avogacía Compostelá, no seu espazo dedicado […]

Dicionario inglés-galego na rede, con máis de 20000 entradas

Aproveitando que onte era o Día Internacional da Tradución, o Seminario de Lingüística e Informática presentou a versión ampliada e mellorada do seu Dicionario inglés-galego, que inclúe un total de 20 000 termos traducidos do inglés ao galego. Por tanto, é o máis completo dos que existen neste par de linguas. O dicionario está elaborado […]

Máis móbiles en galego

Segundo podemos ler en Vieiros, A Secretaría Xeral de Política Lingüística vai asinar un convenio de colaboración con diferentes operadoras e fabricantes de telefonía móbil para incorporaren o galego aos seus servizos ao usuario (interfaces dos móbiles, páxinas web, campañas publicitarias…). Seguindo o web, as empresas que colaborarán na campaña serán os operadores R, Telefónica, […]

Un novo recurso: a Enciclopedia Galega Universal

Unha outra vez, a editorial Ir Indo é noticia neste blogue. Logo da publicación do seu dicionario de galego, desde hai uns días xa se pode consultar na rede a Enciclopedia Galega Universal, que conta con máis de 200.000 artigos. Entre outras características, este recurso conta con máis de 30.000 fotografías, permite as consultas por […]

Observatorio da lingua galega

A Secretaría Xeral de Política Lingúística vén de presentar os resultados que obtivo o Observatorio da Lingua Galega no seu primeiro ano de funcionamento. As análises deste observatorio realizáronse en oito ámbitos de actuación: cidadanía, educación, administración, economía e empresa, medios de comunicación, sanidade, asociacións e telecomuicacións . Segundo o Observatorio e a Secretaría Xeral […]

O Firefox3 en galego

O Firefox é un dos navegadores da Internet máis populares e con máis posibilidades de personalización, con multitude de extensións e complementos para mellorar a forma en que navegamos pola rede. Ademais, é un programa de sóftware libre polo que o podes modificar, copiar e distribuír sen restricións. Onte, 17 de xuño, os seus creadores […]

O dicionario Ir Indo amplía os seus contidos

Hai uns días informabamos da aparición dun novo recurso na rede, o dicionario de galego Ir Indo, que viña ser o dicionario máis importante dispoñible na rede, con máis de 65 000 entradas. Con todo, hai ben pouco acaban de actualizar os seus contidos. Entre as novidades máis importantes cómpre salientarmos as seguintes: A posibilidade […]

Novo recurso na rede: Dicionario Ir Indo

Para celebrar o Día do Libro, Ir Indo Edicións presentou onte a versión en liña do seu Dicionario de galego, que está dipoñible para calquera consulta no enderezo http://www.digalego.com/diccionario/html/index.php. Este recurso, que está na fase de probas, está formado por máis de 65 000 entradas e engade algúns contidos á versión en papel, como as […]

O Windows vista en galego

A compañía Microsoft acaba de presentar a versión en galego do seu paquete ofimático Windows Vista que se pode descargar de balde desde esta ligazón. Nesa mesma páxina tamén se pode descargar o ficheiro de idioma para o Office 2007. Deste xeito, a multinacional informática vén continuar o camiño que iniciara xa hai uns anos […]