Archive for the 'Sen clasificar' category

O SNL do Concello de Cerceda pecha as súas portas

A partir do día 1 de xaneiro de 2012, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cerceda pecha as súas portas, logo de case 4 anos continuos a ofrecer o servizo. Enviamos un saúdo a todas aquelas persoas que dalgún ou doutro xeito se achegaron ao servizo.

Comeza o ano formándote: convocatoria de cursos Celga e de linguaxe administrativa

O Diario Oficial de Galicia do 14 de xaneiro publica a convocaria, con carácter gratuíto, de cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), nos niveis 1, 2, 3 e 4, para o ano 2011, nas escolas oficiais de idiomas de […]

Cancélase a representación da obra Pingueiras e Tarteiras

A representación da obra Pingueiras e Tarteiras, programada para o luns 11 de outubro da compañía Teatro del Andamio, cancélase por causas alleas ao Concello de Cerceda. Con todo, a representación terá lugar nunha outra data da que se informará polos medios habituais.

Toupa.net, furando nos vizosos campos da cultura galega

Mercar o último disco de Lamatumbá, a última novela de Teresa Moure ou procurar un agasallo especial é hoxe máis fácil. Hai unhas semanas púxose en marcha o web Toupa.net, un espazo creado para achegar a produción cultural con perspectiva galega que é difícil de atopar nas canles tradicionais de distribución. Así o portal pretende […]

A AC Lucerna organiza para o 22 de maio o XVII Festival Cerceda

O vindeiro sábado 22 de maio, a Asociación Cultural Lucerna organiza o Festival Cerceda, que neste ano chega á súa XVII edición. O tradicional festival de música está dedicado este ano á cultura libre pois os e as artistas que este ano pasarán polo noso concello distribúen as súas obras segundo os termos de licenzas […]

O Pleno do Concello de Cerceda insta á Xunta a retirar as bases do decreto de plurilingüismo

O Pleno do Concello de Cerceda aprobou, con 12 votos a favor (9 do Grupo Municipal do PSG-PSOE e 3 do Grupo Municipal do BNG) e unha abstención (do PP), unha moción presentada polo grupo socialista en que se insta á Xunta de Galicia a retirar as bases para a elaboración do decreto de plurilingüismo […]

Pon o bánner de Navega en galego no teu web

Acabamos de abrir un novo blogue na blogaliza onde ampliamos os contidos do artigo “Navega en galego”. O enderezo é http://navegaengalego.blogaliza.org Como veredes, o blogue aínda está en construción. Con todo xa se inclúe como navegar en galego no Chrome, no Opera ou no Safari, para alén do Firefox e do Internet Explorer,  así como […]

Son os teus dereitos. Esíxeos!

Malia os recentes cambios lexislativos que se están a introducir no país, a cidadanía galega goza de diferentes dereitos lingüísticos que, por descoñecemento, non sempre os facemos valer ou cumprir. É hora, pois, de coñecermos a nosa protección xurídica e de poñela en práctica. É hora, pois, de esixirmos os nosos dereitos. Comezamos unha serie […]

As nosas recomendacións: Galinux

Galinux é un completo sistema operativo de fontes abertas que vén configurado para poder instalarse en calquera computador e para empregar o noso propio idioma: o galego. Non son precisos coñecementos técnicos especiais para poder beneficiarse das vantaxes básicas de Galinux, pois inclúe automaticamente os programas informáticos máis empregados: para navegar pola Internet, acceder ao […]

Novidades no noso blogue

No proceso de mudanza do noso blogue ao sistema da Blogaliza, estamos a incorporar algunhas novidades. Así, alén de engadirmos novas ligazóns e ampliarmos os contidos de cada páxina, poñemos á vosa disposición algúns recursos que agardamos que sexan do voso interese. En primeiro lugar, na páxina Novas poderedes mantervos informados de todas as novidades […]