Archive for the 'Uncategorized' category

Xa chegan os Reis!

O próximo 4 de xaneiro de 2009, os Reis han pasar polo noso concello. A Cabalgata dos Reis sairá do Campo da Feira, percorrerá o núcleo urbano e rematará no Centro Cívico onde os Reis Magos recibirán os nenos e nenas. Alí, os nosos cativos poderán escribir e entregarlles persoalmente as súas cartas ás súas […]

Convocatoria de preinscrición para o curso de preparación do Celga 3

O Concello de Cerceda, a través do Servizo de Normalización Lingüística, está a organizar un Curso para preparar a obtención do Certificado de Lingua Galega (Celga) nos seus diferentes niveis, preferentemente nos niveis 3 e 4. Este curso convocase ao abeiro da Resolución do 13 de novembro de 2008 pola que se anuncian, con carácter […]

Nace Galateca: blogue lingüístico de Caixa Galicia

O Departamento de Tradución de Caixa Galicia puxo en marcha o pasado mes de agosto unha páxina web, en formato blogue, co obxectivo de achegar e mellorar o uso do galego dos empregados desta caixa, así como de calquera persoa interesada. O nome desta páxina é Galateca e está dispoñíbel no enderezo www.galeteca.com Segundo os […]

Máis móbiles en galego

Segundo podemos ler en Vieiros, A Secretaría Xeral de Política Lingüística vai asinar un convenio de colaboración con diferentes operadoras e fabricantes de telefonía móbil para incorporaren o galego aos seus servizos ao usuario (interfaces dos móbiles, páxinas web, campañas publicitarias…). Seguindo o web, as empresas que colaborarán na campaña serán os operadores R, Telefónica, […]

Axudas para a promoción da lingua galega nos centros de ensino

A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de convocar as axudas para a promoción da lingua galega nos centros de ensino. A convocatoria, que apareceu no DOG do venres 5 de setembro, ten un importe total de un millón de euros e esta destinada a desenvolver proxectos de fomento do uso do galego nos centros […]

Cursos de linguaxe administrativa para o persoal da Administración local

A Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza vén de convocar cursos de linguaxe administrativa nos seus diferentes niveis (medio e superior) para o persoal da Administración local galega O prazo de presentación de solicitudes remata o 8 de xuño de 2008. Se desexa participar nesta convocatoria de formación, pode consultar as bases no DOG […]