Informática

A incorporación do galego ás novas tecnoloxías é hoxe unha realidade. Pouco a pouco, os programas informáticos máis empregados contan coa súa versión en galego, tanto se se trata de sóftware privativo como no sóftware libre. Neste último caso, algunhas iniciativas como Mancomún.org están a dar un impulso necesario para a presenza do galego nas novas tecnoloxías.

A seguir relacionamos algunhas ligazóns para descargar programas, paquetes de idioma ou espazos web relevantes para teres información sobre recursos informáticos en galego:

Correctores ortográficos

Programas informáticos

  • Relación de programas de sóftware libre
  • Wiki de Mancomún.org onde poderá descargar e consultar diferentes programas de distribución libre en galego, desde o OpenOffice.org ao Firefox…

  • WindowsVista en galego
  • Paquete de galego para por a interface do WindowsVista na nosa lingua, con descarga gratuíta

  • WindowsXP en galego
  • Para as persoas que empreguen o WindowsXP, pode descargar esta versión en galego.

  • Office 2003

    O paquete en galego para Microsoft Office 2003 ofrece unha interface de usuario en galego para os seus programas Word, Outlook, PowerPoint e Excel.