Axudas para a promoción da lingua galega nos centros de ensino

A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de convocar as axudas para a promoción da lingua galega nos centros de ensino. A convocatoria, que apareceu no DOG do venres 5 de setembro, ten un importe total de un millón de euros e esta destinada a desenvolver proxectos de fomento do uso do galego nos centros públicos de ensino non universitario de Galicia, dependentes da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria.

O prazo para presentar os proxectos remata o 6 de outubro. Pódese consultar a convocatoria na ligazón seguinte.

Os comentarios están pechados.