Máis móbiles en galego

Segundo podemos ler en Vieiros, A Secretaría Xeral de Política Lingüística vai asinar un convenio de colaboración con diferentes operadoras e fabricantes de telefonía móbil para incorporaren o galego aos seus servizos ao usuario (interfaces dos móbiles, páxinas web, campañas publicitarias…).

Seguindo o web, as empresas que colaborarán na campaña serán os operadores R, Telefónica, Vodafone, Orange e Yoigo e os fabricantes Motorola, Nokia, Samsung, Sony-Ericsson e Alcatel.

Ademais, no propio portal da Secretaría Xeral de Política Lingüística, podemos consultar os diferentes terminais e compañías que ofrecen algún dos seus móbiles en galego. A ligazón é a seguinte:

www.xunta.es/linguagalega/o_galego_nas_novas_tecnoloxias#mobil

Ao mesmo tempo, a SXPL acaba de sacar un novo web, www.oteumobilengalego.com para que os usuarios e as usuarias poidan acceder a todos os recursos dispoñíbeis en galego os terminais de telefonía e a toda a información sobre as compañías que lles ofrecen aos seus clientes produtos ou servizos en galego.

Os comentarios están pechados.