O Firefox 3 xa ten versión oficial en galego

A pesar da demora, o navegador da internet Firefox xa ten unha versión oficial en galego, que se pode descargar desde a páxina oficial do proxecto

Para poder empregar o navegador en galego, antes debiamos engadir un complemento coa tradución ao noso idioma, mais sempre tendo como base o navegador nun outro. Agora xa se pode descargar directamente na nosa lingua desde a páxina oficial

Para o facermos, só temos que ir á páxina oficial do proxecto (www.mozilla.com/en-US/firefox/all.html e ir á sección de novas traducións (“New Localized Builds”). Nesta sección, poderemos descargarnos o Firefox tanto se empregamos o Windows, como o Mac ou Linux

Os comentarios están pechados.