Nace Galateca: blogue lingüístico de Caixa Galicia

O Departamento de Tradución de Caixa Galicia puxo en marcha o pasado mes de agosto unha páxina web, en formato blogue, co obxectivo de achegar e mellorar o uso do galego dos empregados desta caixa, así como de calquera persoa interesada. O nome desta páxina é Galateca e está dispoñíbel no enderezo www.galeteca.com

Segundo os seus propios creadores, Galeteca nace co obxectivo de achegar e mellorar o uso do galego dos usuarios, especialmente o utilizado no mundo das finanzas

Para isto, a páxina conta cunha serie de apuntamentos de usos lingüísticos, con exemplos prácticos dos usos que os aclaren e ligazóns sobre recursos relacionados coa lingua que facilitarán a súa aprendizaxe.

Os comentarios están pechados.