Tradutor galego-inglés-galego

tradutor_galego_ingles1

A empresa Imaxin Software presentou o primeiro tradutor inglés-galego/galego-inglés de código aberto. O servizo atópase aínda en fase de prototipo e está baseado, ademais, no motor Opentrad.

O proxecto foi financiado pola Consellaría de Innovación e Industria, contou coa colaboración das universidades de Vigo e Santiago de Compostela e foi realizado pola empresa imaxin|software.

A pesar de que é aínda un prototipo, os autores agardan que nun breve período de tempo se poña á altura doutras ferramentas privativas semellantes que levan unha década no mercado, pois, ao ser unha ferramenta libre, será mellorando constantemente pola comunidade.

O tradutor poderase probar no enderezo http://opentrad.imaxin.com.

Fonte da nova: www.ctnl.org

Os comentarios están pechados.