Convocatoria de preinscrición para o curso de preparación do Celga 3

O Concello de Cerceda, a través do Servizo de Normalización Lingüística,
está a organizar un Curso para preparar a obtención do Certificado de
Lingua Galega (Celga) nos seus diferentes niveis, preferentemente nos
niveis 3 e 4. Este curso convocase ao abeiro da Resolución do 13 de
novembro de 2008 pola que se anuncian, con carácter voluntario e gratuíto,
cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1,
Celga 2, Celga 3 e Celga 4, para particulares (adultos) e colectivos de
Galicia, no ano 2009 (Diario Oficial de Galicia número 234, do 2 de
decembro).

Segundo a convocatoria, para que o Concello de Cerceda poida solicitar o
curso, debe contar con 25 persoas interesadas en realizalo. Por tanto,
abrimos un prazo de preinscrición para aquelas persoas que estean
interesadas en realizar o curso de preparación para a obtención do Celga
3.

Curso de lingua galega. Nivel Celga 3.

  • Inicio: o curso comezará no mes de abril, aproximadamente
  • Días: de luns a venres
  • Horario: por determinar
  • Núm. de horas: 75 horas lectivas
  • Lugar: en principio, o curso terá lugar no Centro Cívico
  • Preinscrición: até o venres 13 de febreiro de 2009, no Servizo de
    Normalización Lingüística do Concello de Cerceda (avd. do mesón 21,
    terceiro andar), no teléfono 981 685 001 (en horario de 09:00 a 14:00 h)
    ou no enderezo electrónico ivan.mendez@cerceda.dicoruna.es
  • Prazas: mínimo 25; máximo 30
  • Documentación: deberase cubrir un modelo de solicitude (dispoñible no SNL
    do Concello de Cerceda e no seu blogue (http://snlcerceda.wordpress.com),
    e deberá acompañarse dunha fotocopia do carné de identidade.

QUE É O CELGA?

Celga (Certificado de lingua galega) é o novo sistema de certificación da
lingua galega adaptado ao Marco europeo das linguas. O Celga divídese en
cinco niveis. O curso que terá lugar no Concello de Cerceda é do nivel 3,
aínda que se existe un número de persoas interesadas para facer o nivel 4,
tamén se xestionará a súa realización.

A asistencia ao curso non dá dereito a obter o certificado, senón que é un
curso preparatorio para un exame. Os exames para obter os Celga 3 no ano
2009 serán o 30 de maio e o 28 de novembro.

MÁIS INFORMACIÓN?

  • No Servizo de Normalización do Concello de Cerceda (avenida do Mesón 21,
    3.º andar)
  • Por teléfono: no 981 685 001
  • Por correo electrónico: ivan.mendez@cerceda.dicoruna.es
  • No blogue: http://snlcerceda.wordpress.com

Observacións:

A realización dos cursos está condicionada á concesión da organización e
homologación pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de
Galicia.

Modelo de solicitude

One ResponseConvocatoria de preinscrición para o curso de preparación do Celga 3 to “”

  1. veronica

    bos dias gustariame apuntarme o curso de preparacion dos celga pero teño unhas dubidas, ¿canto tempo duraria a preparacion?¿cantas horas?se non se poidera asistir todos os dias por mor do traballo¿ que sucederia?gracias, un saudo