Dinamización

A dinamización lingüística é talvez a área de traballo máis importante dentro da normalización. Os seus obxectivos son favorecer a aparición e mais a consolidación de actitudes favorables cara ao galego así como apoiar a súa extensión de uso a través dunha serie de actividades de sensibilización e de promoción.

Neste sentido, o Concello de Cerceda irá programando diferentes actividades que daremos a coñecer. Con todo, nesta sección tamén terán cabida as diferentes actividades que se realizan no país e en que poden participar a cidadanía do noso concello.

Campañas en que participa o concello de Cerceda

As linguas no sistema educativo galego

Diferentes entidades do país puxeron en marcha a campaña As linguas no sistema educativo. O novo decreto 124/2007 que defende a educación plurilingüe e as vantaxes do uso da lingua galega como lingua vehicular na escola.

O Concello de Cerceda, mediante o seu SNL, adheriuse a esta campaña ao asinar o seu manifesto

Máis información:

Campañas abertas

Unha imaxe para o galego

O xornal dixital Vieros vén de convocar o certame “Unha imaxe para o galego” co que procuran fotos e vídeos que retraten o noso tesouro máis prezado como pobo: o idioma.

Máis información

Faille un clic ao galego

Microsoft presentou a campaña “Faille un clic ao galego” co obxectivo de fomentar a presenza do galego nas novas tecnoloxías. Ademais de procurar a difursión da versión en galego do seu WindowsVista, tamén se inclúe un concurso con diferentes premios.

Máis información: