Benvida ao bloc do SNL de Cerceda

Dámoslle a benvida ao bloc do SNL do Concello de Cerceda. Nesta páxina iremos informando das diferentes actividades que o Concello de Cerceda levará a cabo en materia de normalización lingüística, así como as diferentes novas que dentro deste ámbito xurdan.

Ademais, nas diferentes páxinas que forman este bloc poderá achar algúns recursos relacionados coa lingua, a lexislación lingüística, a formación a dinamización ou algunhas cousas curiosas. As principais seccións deste bloc son as seguintes:

Nesta sección iremos recollendo algunhas novas relacionadas coa lingua para a súa información, como novos recursos lingüísticos, cursos de formación, actividades de dinamización…

Na sección de dinamización informarémoslle sobre o que se está a mover arredor do mundo da lingua no noso país, así como as diferentes campañas abertas e en que pode participar. Co tempo tamén informaremos sobre as accións que levemos a cabo no ámbito do Concello de Cerceda

Esta páxina ten como obxectivo servir de axuda para solucionar dúbidas lingüístcas, mediante o tratamento personalizado dalgunhas e a achega de recursos xerais sobre a lingua.

En Fórmate poremos información sobre cursos de formación lingüística.

Nesta páxina relacionamos algúns recursos de interese canto á lingua, á sociolingüística, institucións…

Nesta sección subiremos algunhas cuestións curiosas sobre a lingua

Agardamos que tire proveito deste recurso, así como as súas suxestións ou melloras. Non dubide en pórse en contacto connosco para calquera dúbida ou cuestión

Os comentarios están pechados.