Benvida

Dámoslle a benvida ao blogue do SNL do Concello de Cerceda. Nesta páxina iremos informando das diferentes actividades que o Concello de Cerceda levará a cabo en materia de normalización lingüística, así como as diferentes novas que dentro deste ámbito xurdan.

Ademais, nas diferentes páxinas que forman este bloc poderá achar algúns recursos relacionados coa lingua, a lexislación lingüística, a formación a dinamización ou algunhas cousas curiosas.

Agardamos que tire proveito deste recurso. Non dubide en contactar connosco para calquera dúbida ou cuestión

Avisos

Ábrese o prazo para a inscrición nos cursos de linguaxe administrativa que terán lugar nas escolas oficiais de idiomas de Galiza

Máis información

.

Últimas novas publicadas

sintese_gramatical1

Hai unhas semanas saía do prelo un novo documento para podermos solucionar as nosas dúbidas. Trátase da Síntese gramatical, un manual elaborado polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña e que está dispoñíbel na rede para consultármola ou descargármola.

Continúa a ler….