O Windows vista en galego

A compañía Microsoft acaba de presentar a versión en galego do seu paquete ofimático Windows Vista que se pode descargar de balde desde esta ligazón. Nesa mesma páxina tamén se pode descargar o ficheiro de idioma para o Office 2007.

Deste xeito, a multinacional informática vén continuar o camiño que iniciara xa hai uns anos coa tradución ao galego da interface do seu paquete WindowsXP (dispoñible nesta ligazón.

Entre outros recursos que podemos atopar para os programas privativos desta compañía, cómpre salientar o corrector ortográfico de galego, desenvolvido pola empresa galega imaxin|software e que tamén se pode desgargar de forma gratuíta.

Os comentarios están pechados.