Mudámonos á Blogaliza

De Imaxes do blogue

Hai un ano, comezabamos a nosa aventura neste blogue nun outro enderezo, snlcerceda.wordpress.com. Dende aquela, recibimos máis de 5000 visitas diferentes, cumprindo os obxectivos que nos marcabamos. Ademais, fomos pouco a pouco recibindo comentarios e diferentes persoas, tanto do concello como de fóra, souberon da nosa existencia grazas a estas páxinas.

Hoxe comezamos un novo camiño, desta vez na Blogaliza, un proxecto feito no país e en galego onde teñen cabida blogues de todos os tipos, dende culturais a literarios, pasando por diarios persoais, musicais, informáticos. Para alén diso, recentemente a Blogaliza mudou non só o seu deseño externo, senón que abriu diferentes funcións: creación de grupos e de redes, compartir experiencias nos foros…

Estes e outros motivos leváronnos a mudar o noso enderezo e o noso blogue. Agardamos que os cambios sexan para mellor e, se así non for, agardamos as vosas suxestións.

Os comentarios están pechados.