Novidades no noso blogue

No proceso de mudanza do noso blogue ao sistema da Blogaliza, estamos a incorporar algunhas novidades. Así, alén de engadirmos novas ligazóns e ampliarmos os contidos de cada páxina, poñemos á vosa disposición algúns recursos que agardamos que sexan do voso interese.

En primeiro lugar, na páxina Novas poderedes mantervos informados de todas as novidades que se producen a respecto da lingua en diferentes páxinas web e blogues ao mesmo tempo. Esta páxina recolle, grazas ao Google Reader, as novas relacionadas coa lingua de diferentes portais: a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (do seu Twiter, do seu Delicious e do seu portal web), a Secretaría Xeral de Política Lingüística, de medios (como Vieiros ou Chuza! ou diferentes blogues relacionados coa lingua, como o Planeta de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.

Deste xeito, non precisarás acceder a todas estas páxinas para te informares das novidades da lingua, senón que só ao entrares na sección Novas poderás velas compiladas nunha única e entrar na que precises ou queiras ampliar.

Por último, tamén estamos a engadir ligazóns e recursos de diferentes seccións. Así, na páxina Lexislación ampliamos a nosa compilación de textos normativos a respecto da lingua galega.

Agardamos as vosas suxestións para mellorarmos o noso blogue!

Os comentarios están pechados.