As nosas recomendacións: Galinux

Galinux é un completo sistema operativo de fontes abertas que vén configurado para poder instalarse en calquera computador e para empregar o noso propio idioma: o galego.

Non son precisos coñecementos técnicos especiais para poder beneficiarse das vantaxes básicas de Galinux, pois inclúe automaticamente os programas informáticos máis empregados: para navegar pola Internet, acceder ao correo electrónico, escoitar música, escribir documentos de texto, facer gráficas e cálculos, ver vídeos ou películas, compartir ficheiros, conversar por mensaxería instantánea e moito máis.

Co Galinux disporá dun contorno de escritorio fiábel, seguro e sempre actualizado, xa que ao estar baseado na popular distribución nomeada Ubuntu poderá recibir periodicamente as actualizacións gratuítas que son distribuídas para manter o seu equipo ao día.

A súa descarga é de balde. Pode atopar máis información no web de Mancomún.org, o Centro de Referencia e Servizos de Software Libre, onde tamén acharás unha completa descrición das súas funcionalidades, como actualizalo e como instalalo.

Tamén podes atopar un exemplar da distribución en cedé ou máis información no Centro de Dinamización da Sociedade da Información do Concello de Cerceda, aínda que se precisa calquera información complementar sobre este ou outro sóftware en galego, pode contactar connosco.

Os comentarios están pechados.