Cursos de linguaxe administrativa nas escolas oficiais de idiomas

O día 1 de setembro ábrese o prazo para se inscribir en diferentes cursos de linguaxe administrativa que terán lugar nas escolas oficiais de idiomas do país durante os meses de outubro a xaneiro. Os cursos están dirixidos ao persoal das diferentes administracións públicas de Galicia e o prazo para solicitalos remata o 20 de setembro.

Dentro da área de influencia do Concello de Cerceda teremos a posibilidade de realizar dous cursos:

  • Escola Oficial de Idiomas da Coruña: Curso de Linguaxe Administrativa de Nivel Superior, coas datas de inicio e o horario por determinar
  • Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela: Curso de Linguaxe Administrativa de Nivel Superior. O curso desenvolverase os luns, os martes e os xoves de 13.00 a 15.00 horas

Os cursos deberán solicitarse á Secretaría Xeral de Política Lingüística a través dun formulario de solicitude que se pode descargar na orde pola que se convocaron (Orde do 26 de xaneiro de 2009, en .PDF).

Para máis información, pode contactar connosco a través dos medios habituais:

  • Por teléfono, no número 981 686 001.
  • Por correo electrónico: a ivan.mendez@cerceda.dicoruna.es.
  • Nas oficinas do Concello de Cerceda, no terceiro andar.

(fonte da nova: SNL do Concello de Redondela)

Os comentarios están pechados.