Cursos preparatorios e exames para obter o Celga do último trimestre

Neste último trimestre do ano vanse realizar diferentes cursos preparatorios e probas para obter os Certificados de Lingua Galega (Celga). A continuación faremos un repaso dos prazos de solicitude, lugares e datas onde se realizarán os cursos e mais os exames.

Solicitude: para realizar un curso preparatorio para os Celga hai que inscribirse no gabinete provincial de Normalización Lingüística correspondente á localidade na que desexe realizar o curso. Na nosa área de influencia, ten que dirixirse ao lugar seguinte:

  • A Coruña: Edificio Administrativo de Monelos. Praza de Luís Seoane, s/n,15008 A Coruña. Tfno.: 981 184 720. FAX: 981 185 681.

Prazo: os cursos que se impartan finalizarán o 20 de novembro de 2009. O prazo de matrícula para estes cursos remata o 10 de setembro de 2009.

Cursos na provincia da Coruña

  • Celga 1
    • A Coruña: na AAVV. Montealto. Biblioteca Campo de Marte. Data comezo: 29 de setembro. Horario: 20:00-22:30 de luns a xoves.
    • A Coruña: na AAVV. Labañou. Rolda de Outeiro, 396. Data comezo: 29 de setembro. Horario: 10:00-12:30 de luns a xoves.
    • Santiago de Compostela: no IES Xelmírez I. Rúa de Poza de Bar. Data comezo: 29 de setembro. Horario: 19:00-21:30 de luns a xoves
  • Celga 2
    • A Coruña: AAVV. Oza-Gaiteira. Rúa da Mercede, 56. Data comezo: 29 de setembro. Horario: 10:00-12.30 de luns a xoves.
    • Santiago de Compostela: IES Xelmírez I. Rúa de Poza de Bar. Data comezo: 29 de setembro. Horario: 19:00-21:30 de luns a xoves
  • Celga 3
    • A Coruña: Arquivo do Reino de Galicia (Xardín San Carlos). Data comezo: 29 de setembro. Horario: 18:00-20:00 de luns a xoves.
    • A Coruña: Spórting Club Casino. Rúa Real, 83. Data comezo: 29 de setembro. Horario: 10:00 – 12:30 de luns a xoves.
    • Santiago de Compostela: IES Xelmírez I. Rúa de Poza de Bar. Data comezo: 29 de setembro. Horario: 19:00-21:30 de luns a xoves.
  • Celga 4
    • A Coruña: AAVV. Agra do Orzán. Rúa de Entrepenas. Data comezo: 29 de setembro. Horario: 11:00-13:30 de luns a xoves.
    • A Coruña: AAVV. Os Rosais. Praza Elíptica. Data comezo: 29 de setembro. Horario: 19:30-21:30 de luns a xoves.
    • Culleredo: Edificio Servizos Múltiples do Burgo. Data comezo: 5 de outubro. Horario: 19:30-22:00 de luns a xoves.
    • Santiago de Compostela: IES Xelmírez I. Rúa de Poza de Bar. Data comezo: 29 de setembro. Horario: 19:00-21:30 de luns a xoves.

As datas en que se realizarán as probas son as seguintes:

  • Celga 1: 29 de novembro de 2009
  • Celga 2: 22 de novembro de 2009
  • Celga 3: 28 de novembro de 2009
  • Celga 4: 21 de novembro de 2009

Para máis información pode contactar connosco ou entrar nesta ligazón.

One ResponseCursos preparatorios e exames para obter o Celga do último trimestre to “”

  1. Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cerceda

    […] hai unhas semanas, informabamos da convocatoria de cursos preparatorios para obter os certificados de lingua galega nos seus diferentes niveis, […]