Novo recurso na rede: Dicionario Ir Indo

Para celebrar o Día do Libro, Ir Indo Edicións presentou onte a versión en liña do seu Dicionario de galego, que está dipoñible para calquera consulta no enderezo http://www.digalego.com/diccionario/html/index.php.

Este recurso, que está na fase de probas, está formado por máis de 65 000 entradas e engade algúns contidos á versión en papel, como as formas en español, portugués e inglés de cada entrada e mesmo fraseoloxía.

Deste xeito, o Dicionario Ir Indo en liña é, até o de agora, o máis importante publicado na rede, pois para alén do seu número de entradas, está adaptado á nova normativa

Consulte o Dicionario Ir Indo

Os comentarios están pechados.