Premios á innovación en normalización lingüística nos centros escolares

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e a Secretaría Xeral de Política Lingüística convocan os premios de innovación en materia de normalización lingüística, dirixidos aos centros públicos que desenvolvan os proxectos presentados durante o curso académico 2009-2010. O prazo de presentación remata o 10 de outubro.

Segundo a convocatoria, entregaranse 7 premios, 3 menos que na convocatoria anterior, a proxectos que fomenten o galego oral en novos ámbitos dentro e fóra das aulas, o achegamento á lingua por parte de estudantes estranxeiros/as, o favorecemento ao uso da lingua por parte de asociacións, empresas, etc., e a relación da lingua galega coas tecnoloxías da información e a comunicación. Cada un dos premios está dotado con 3.000 euros.

Pode consultar a convocatoria e todos os documentos relacionados nesta páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Fonte da nova: CTNL

Os comentarios están pechados.