Procura o significado dunha palabra mentres navegas

Hai máis de 1 ano, apareceu o Digalego, o dicionario de galego na rede máis completo, ao estar formado por máis de 65 000 entradas. Para alén de novas características que se foron engadindo (buscas por idiomas diferentes ao galego, conxugador verbal…) nas últimas datas a Editorial Ir Indo, promotora deste recurso, está avanzando na interactividade coas persoas usuarias.

Unha das máis novidosas é a posibilidade de definirmos calquera palabra de calquera páxina web con só premer un botón. Para iso tes que seguir unhas pequenas indicacións que están dispoñíbeis nesta páxina.

Tamén están a publicar recursos para administradores de páxinas web, como este pequeno guión que permite que as persoas usuarias poidan definir unha palabra ao premer dúas veces co botón dereito do rato sobre ela. Nós instalamos este guión no blogue, así que, se tes algunha dúbida, proba o seu funcionamento: preme dúas veces sobre calquera palabra e abrirase unha xanela emerxente co significado.

Os comentarios están pechados.