Convocatoria dos Celga para o 2010

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca para este ano un total de 185 cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis 1, 2, 3 e 4 do Certificado de lingua galega (Celga). A convocatoria, publicada o día 11 de xaneiro de 2010 no Diario Oficial de Galicia, vai dirixida a particulares (adultos), colectivos, entidades e/ou organizacións que conten cun mínimo de 25 persoas preinscritas para asistiren aos cursos.

Podes consultar a convocatoria, cos diferentes prazos de inscrición e os lugares en que se realizarán no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Tamén, para calquera cuestión relacionada con estes cursos, ademais das validacións, podes contactar connosco (avenida do Mesón, 3.º andar, 981 688 068) no horario de 9.30 a 14.00 h ou tamén a través do noso servizo de preguntar na Internet, dispoñíbel na barra lateral deste web e no enderezo http://www.formspring.me/snlcerceda.

Os comentarios están pechados.