Unha xanela aberta ao galego

A multinacional estadounidense Microsoft vén de pór á disposición das persoas usuarias o parche da última versión do seu sistema operativo, o Windows 7, para gozarmos dunha interface traducida ao galego.

O proceso para instalar este “parche” de galego é o seguinte. En primeiro lugar, existen dúas versións, unha de 32 bits e outra de 64 bits, a depender do noso computador. Para comezar a descarga, debemos saber  que versión de Windows 7 temos no noso computador instalada. Para sabermos esta información, prememos o botón inicio e, a seguir, onde pon Equipo ou Computador, prememos co botón dereito e seleccionamos Propiedades.


Na sección Sistema móstrase se está a executar a versión do sistema operativo de Windows 7 de 32 bits ou de 64 bits

Logo de comprobarmos a versión que temos instalada, accederemos á páxina de descargas a través desta ligazón. Nesta páxina procuraremos a sección Ficheiros nesta descarga e dos ficheiros dispoñíbeis elixiremos o que se adapta aos requirimentos do computador.

Prememos o botón descargar e na xanela de diálogo escollemos a opción Gardar:

Logo de descargarmos o ficheiro, temos de localizalo no computador (polo xeral no cartafol Descargas ou aquel que teñamos habilitado para o efecto). Prememos dúas veces co botón dereito do rato e comezará o proceso de instalación do parche.

Cando rematemos o proceso, teremos que reiniciar o computador e xa teremos unha interface visual en galego para o Windows 7.

Cómpre lembrar que as anteriores versións do Windows tamén están dispoñíbeis en galego nas ligazóns seguintes:

Windows XP

Windows Vista

One ResponseUnha xanela aberta ao galego to “”

  1. Por un BNG de futuro e con futuro » Arquivos » Na web

    […] Aquelas persoas que aínda usan Windows poden usar a máis nova versión do sistema operativo da Micro$oft en galego: aquí explícase con todo detalle. […]