Toupa.net, furando nos vizosos campos da cultura galega

Mercar o último disco de Lamatumbá, a última novela de Teresa Moure ou procurar un agasallo especial é hoxe máis fácil. Hai unhas semanas púxose en marcha o web Toupa.net, un espazo creado para achegar a produción cultural con perspectiva galega que é difícil de atopar nas canles tradicionais de distribución. Así o portal pretende facilitar o acceso da sociedade aos produtos culturais galegos, visibilizándoos e posicionándoos nas máximas canles posibles.

Baixo o lema de “Cultura para levar”, Toupa.net ofrece un interesante catálogo de música, libros, comics e DVD en galego ou de autores galegos, que en moitos casos son difíciles de atopar nas canles convencionais.

Ao mesmo tempo, o proxecto non só é unha relación de produtos culturais galegos, senón que pretende servir de escaparate para os e as autoras galegas, as produtoras e editoras que crean na cultura galega. Deste xeito, elaboran espazos personalizados para cada un deles con información.

O proxecto conta cunha forte presenza na rede a través do seu portal web, un blogue ou unha páxina no Facebook.

2 ResponsesToupa.net, furando nos vizosos campos da cultura galega to “”

  1. Sergio

    Graciñas pola difusión da Toupa!!
    Apertas!!

  2. Toupa.net, furando nos vizosos campos da cultura galega

    […] Toupa.net, furando nos vizosos campos da cultura galega normalizacioncerceda.blogaliza.org/2010/07/19/toupa-net-fura…  por raxozorza hai 7 segundos […]