E que agasallo.eu?

Tes mozo a quen tes ganas de sorprender? Andas procurando ese detalle para túa nai? Teu pai está farto da mesma garabata ou da colonia de sempre? Queres darlle algo a teu irmán para que apague o trebello? Ou, simplemente, queres agasallarte? Pois aquí tes Agasallo.eu, un catálogo de produtos cun mesmo fío: a lingua galega.

O catálogo está elaborado pola Deputación da Coruña e a Coordinadora de Técnicos/as de Normalización da Lingua e pode consultarse na rede a través da páxina Agasallo.eu. Ademais, durante os próximos días repartiranse algúns exemplares deste catálogo en diversos puntos do Concello (Casa do Concello, Centro Cívico, centros de ensino, Museo do Moucho, bibliotecas…). Ademais, toda persoa que desexe o seu catálogo pode contactar co Servizo de Normalización Lingüística que llo fará enviar.

O catálogo inclúe unha selección de novas creacións e produtos, de libros, discos, aparellos electrónicos, fragrancias, camisolas, cinema, xogos, etc. E, aínda que necesariamente só poden estar algúns dos que son, son todos os que están. Porque todas as ideas que inclúe este catálogo teñen unha cousa en común: a lingua galega.

Os comentarios están pechados.