Comeza o ano formándote: convocatoria de cursos Celga e de linguaxe administrativa

O Diario Oficial de Galicia do 14 de xaneiro publica a convocaria, con carácter gratuíto, de cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), nos niveis 1, 2, 3 e 4, para o ano 2011, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Os cursos impartiranse en dúas quendas: a primeira comezará en febreiro/marzo de 2011 e a segunda en outubro de 2011, en horario de mañá ou de tarde.

No ámbito de influencia do concello de Cerceda, este ano impartiranse os cusos seguintes:

Cursos de linguaxe administrativa

Cursos Celga

Os cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior van dirixidos ao persoal das diferentes administracións públicas de Galicia mentres que os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, van dirixidos a todas as persoas maiores de dezaseis anos.

Os prazos para presentar as solicitudes serán os seguintes:

  • Para a quenda de febreiro/marzo: 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
  • Para a quenda de outubro: do 1 ao 20 de setembro de 2011.

Para máis información, pode consultar a convocatoria que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 14 de xaneiro, aínda que para calquera cuestión relacionada pode contactar connosco.

One ResponseComeza o ano formándote: convocatoria de cursos Celga e de linguaxe administrativa to “”

  1. Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cerceda

    […] Ademais destes cursos, a mesma Consellería de Educación convocou á parte, a través das escolas oficiais de idiomas, outros cursos Celga que terán lugar nas EOI de Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Vigo, como xa anunciamos no noso blogue. […]