Máis cursos de formación

A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou no DOG do 19 de xaneiro a Resolución pola que se anuncian 140 cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, tanto para particulares (persoas adultas) como para colectivos, no ano 2011.

DESTINATARIOS

Colectivos, entidades e/ou asociacións que desexen organizar cursos de lingua galega e que conten cun mínimo de 20 persoas preinscritas.

Particulares que desexen participar nalgún dos 58 cursos programados que figuran na convocatoria, e que terán lugar na Coruña, Culleredo e  Santiago de Compostela como localidades máis próximas a Cerceda.

Os cursos e horarios son os seguintes (para o veres con maior resolución, preme na imaxe:

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo para presentar solicitudes, tanto aquelas asociacións que que desexaren crear un curso como as persoas interesadas en asistir a un dos xa ofertados, remata o 28 de febreiro.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

– Colectivos: anexo de solicitude e listaxe de persoas preinscritas (apelidos, nome e número de documento de identidade).

– Particulares: anexo de solicitude

CONVOCATORIA COMPLETA, ANEXOS E CURSOS PROGRAMADOS

A convocatoria foi publicada no DOG do 19 de xaneiro de 2011 e pode descargarse en formato .pdf aquí >

OUTROS CURSOS CELGA CONVOCADOS NAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS

Ademais destes cursos, a mesma Consellería de Educación convocou á parte, a través das escolas oficiais de idiomas, outros cursos Celga que terán lugar nas EOI de Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Vigo, como xa anunciamos no noso blogue.

Para estoutra convocatoria, os prazos de solicitude son os seguintes:
– Para a quenda de cursos de febreiro/marzo: até o 3 de febreiro de 2011
– Para a quenda de cursos de outubro: do 1 ao 20 de setembro de 201

Para máis información, podedes contactar connosco.

Fonte da nova: CTNL.org.

Os comentarios están pechados.