A que agardas para formate! Desta vez, linguaxe administrativa

Se hai unhas semanas anunciabamos a convocatoria de diferentes cursos para a obtención do Certificado de Lingua Galega (Celga), a Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), publica no DOG do 10 de febreiro a convocatoria de cursos de linguaxe administrativa para persoal da Administración autonómica, exceptuando o profesorado da Consellearía de Educación e o persoal sanitario da Consellaría de Sanidade.

CURSOS

Linguaxe administrativa nivel medio
-13 edicións na modalidade de teleformación
-4 edicións presenciais, en Ourense, Pontevedra, Vigo e Santiago de Compostela

Lingua administrativa nivel superior
-16 edicións presenciais, na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Santiago de Compostela

SOLICITUDE

prazo de solicitude está aberto até o 22 de febreiro e debe facerse na zona de matrícula do web da EGAP.

Convocatoria (PDF)

Vía CTNL

Os comentarios están pechados.