Cursos de linguaxe administrativa para o persoal da Administración local

O Diario Oficial de Galicia do 6 de abril publica a Resolución pola que a Escola Galega de Administración Pública convoca, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, cursos de linguaxe administrativa galega para o persoal da Administración local galega.

Como novidade nesta convocatoria, cómpre salientar que os cursos de linguaxe administrativa de nivel medio realizaranse na modalidade de teleformación. As datas e os lugares que se realizarán os cursos son os seguintes:

O prazo para presentar as solicitudes remata o día 13 de abril, e o procedemento é cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP.

Estes cursos van dirixidos ao persoal destinado na Administración local de Galicia. Para solicitar os cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio deberá ter superado ou validado o curso básico de linguaxe administrativa galega, de perfeccionamento de lingua galega ou certificado de lingua galega 4 (Celga 4).. Pola súa banda, para solicitar os cursos de linguaxe administrativa galega de nivel superior deberá ter superado ou validado o curso medio de linguaxe administrativa galega.

Para máis información pode consultar a convocatoria ou contactar connosco.

Os comentarios están pechados.