Os meus favoritos: guía de recursos na Internet

Os concellos de Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso e Zas, a través dos seus servizos de normalización lingüística, difunden unha guía con preto de 200 sitios web en galego de distintas temáticas.
Os 8.000 exemplares da guía van difundirse en centros de ensino, asociacións, espazos municipais etc, unha guía que pretende contribuír á difusión da información en lingua galega, ao mesmo tempo que da música, do deporte, da creación artística… Tamén ao uso en galego dos sistemas operativos, paquetes ofimáticos, navegadores ou redes sociais como Facebook ou Tuenti.

Ademais do reparto en formato físico nos seus concellos, podes consultar esta guía nesta ligazón e para consultares máis información desta guía, recomendámosche ler esta entrada do blogue do SNL de Zas.

Os comentarios están pechados.