Apúntate ao galego: xa temos os traballos premiados do concurso de carteis do Día das Letras

O Concurso de Carteis do Día das Letras organizado polo Concello de Cerceda e mais os centros de ensino do concello (CPI O Cruce de Cerceda, CEIP Celso Emilio Ferreiro da Silva e o CEIP O Calvario de Queixas) xa ten os traballos gañadores.

O xurado encargado para valorar os traballos presentados reuniuse o 12 de maio e resolveu conceder os premios seguintes:
1.ª categoría. Educación Infantil

  • 1.º premio: Celso Emilio Ferreiro, 4-5 anos
  • -2.º premio: CPI O Cruce, Grupo de 5 anos A
  • -3.º premio: Samuel García Fernández, CEIP O Calvario (

2.ª categoría. 1.º e 2.º de primaria

  • 1.º premio: Uxía Viqueira Queijo, CEIP O Calvario
  • 2.º premio: Iván González. CEIP Celso Emilio Ferreiro
  • 3.º premio: Inés Castro Pombo. CEIP Celso Emilio Ferreiro

3.ª categoría. 3.º e 4.º de primaria

  • 1.º premio: Claudia Barral Sánchez CPI O Cruce
  • 2.º premio: Adrián Pallas CPI O Cruce
  • 3 º premio: Thais Ramilo Amor CEIP Celso Emilio Ferreiro

4.ª categoría. 5.º e 6.º de primaria

  • 1.º premio: María Isabel Rabuñal Iglesias CEIP Celso Emilio Ferreiro
  • 2.º premio: Julián García Pallas CIP O Cruce
  • 3.º premio: Jónathan Bertoa Pallas, CEIP Celso Emilio Ferreiro

Ao mesmo tempo, o xurado quixo destacar a calidade e orixinalidade dos traballos presentados. O próximo 18 de maio, a coincidir cos actos organizados polo Concello de Cerceda para festexar o Día das Letras Galegas, entregaránselles os correspondentes premios ás e aos alumnos gañadores.

Podes ver os traballos gañadores nesta presentación ou na galería de imaxes creada na páxina do Concello de Cerceda.

Os comentarios están pechados.