Primavera das letras: vas perdela?

O venres 27 de maio aos e ás máis peques de Cerceda agárdalles unha tarde de diversión na Biblioteca Municipal da Silva e no Auditorio de Cerceda. Vas perdela? Pois retira xa os teus convites!

No Auditorio Municipal de Cerceda, a compañía Títeres Cachirulo presenta “Un bo rato con algúns ratos”. Darío Abecé é un rato de biblioteca curioso e divertido. Nunha tarde de tronos agáchase nun estante esquecido e atopa “Unha biblioteca de ratos”, con relatos de ratos pequenos, ratos poetas, ratos rabudos… e máis e máis relatos de ratos. Darío decide levarnos por estes contos aos que, coma el, as veces, temos un pouquichiño de medo ás tormentas.

O acto comezará ás 17 h e podes retirar o teu convite na Oficina Municipal de Información Xuvenil.

Na Biblioteca Municipal da Silva Ni fu ni fá animación presentará un espectáculo de contos e obradoiros cheo de sorpresas.

O acto comezará ás 17 h e podes retirar o teu convite na propia Biblioteca Municipal da Silva.

Os comentarios están pechados.