Convocatoria dos Celga para o 2010

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca para este ano un total de 185 cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis 1, 2, 3 e 4 do Certificado de lingua galega (Celga). A convocatoria, publicada o día 11 de xaneiro de 2010 no Diario Oficial de Galicia, vai dirixida a particulares (adultos), colectivos, entidades e/ou organizacións que conten cun mínimo de 25 persoas preinscritas para asistiren aos cursos.

Podes consultar a convocatoria, cos diferentes prazos de inscrición e os lugares en que se realizarán no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Tamén, para calquera cuestión relacionada con estes cursos, ademais das validacións, podes contactar connosco (avenida do Mesón, 3.º andar, 981 688 068) no horario de 9.30 a 14.00 h ou tamén a través do noso servizo de preguntar na Internet, dispoñíbel na barra lateral deste web e no enderezo http://www.formspring.me/snlcerceda.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Posted under Formación

Esta entrada foi escrita por Admin o xaneiro 12, 2010

Tags: , , , , , ,

Convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2009

No Diario Oficial de Galicia do 15 de xaneiro de 2009 publícase a resolución pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2009.

No ano 2009, realizaranse 3 convocatorias de exames:

  • Convocatoria de maio de 2009, para Galicia, resto do Estado español e Europa.
  • Convocatoria de outubro de 2009, especial e única para América.
  • Convocatoria de novembro de 2009, para Galicia, resto do Estado español e Europa

Datas de realización das probas

Convocatoria de maio:

  • Celga 4: 23 de maio de 2009.
  • Celga 2: 24 de maio de 2009.
  • Celga 3: 30 de maio de 2009.
  • Celga 1: 31 de maio de 2009.

Convocatoria de novembro:

  • Celga 4: 21 de novembro de 2009.
  • Celga 2: 22 de novembro de 2009.
  • Celga 3: 28 de novembro de 2009.
  • Celga 1: 29 de novembro de 2009.

En Galiza, as probas realizaranse nas seguintes localidades: A Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Vigo. As persoas interesadas deberán sinalar na solicitude de inscrición a localidade na que se van presentar

Poderase realizar mediante a presentación da solicitude que figura no anexo I da convocatoria. Enviaranse á Secretaría Xeral de Política Lingüística se pretende presentarse ás probas en Santiago de Compostela ou aos gabinetes provinciais de Política Lingüística das provincias nas que pretenda realizar as probas. Pódense presentar directamente no Rexistro Central da Xunta de Galicia, nos das súas delegacións provinciais ou territoriais ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro

No web da Secretaría Xeral de Política Lingüística figura un formulario que permite cubrir e editar a solicitude. Tamén figura unha ligazón para efectuar o pagamento telemático da taxa.

A lista provisional de admitidos/as para cada un dos niveis e localidades publicarase na web www.xunta.es/linguagalega, 30 días naturais antes da data de realización das probas

Podes consultar a convocatoria completa nesta ligazón

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Posted under Convocatorias

Esta entrada foi escrita por Admin o xaneiro 15, 2009

Tags: , , , , , ,

Públicanse as datas e localizacións das probas para a obtención dos Celga

A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de publicar a data e mais a localización das probas para a obtencións dos diferentes Celga.

  • Celga 4: o 15 de novembro
  • Celga 3: o 22 de novembro
  • Celga 2: o 29 de novembro
  • Celga 1: 13 de decembro

Para todas as probas, os chamamentos iniciaranse ás 8.45 horas e ás 9 horas iniciaranse as probas.

Na nosa área de influencia, as probas realizaranse nos lugares seguintes:

  • Santiago de Compostela: Escola Oficial de Idiomas. Rúa de Ulpiano Villanueva, 1, 2. 15705, Santiago de Compostela (A Coruña)
  • A Coruña: Escola Oficial de Idiomas. Rúa Pepín Rivero s/n. 15008, A Coruña

Podes consultar todas as datas na ligazón seguinte.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Posted under Formación

Esta entrada foi escrita por Admin o novembro 4, 2008

Tags: , , , , , , ,

O prazo de inscrición nas probas do Celga remata o 15 de abril

CELGA

A Secretaría Xeral de Política Lingüística apliou o prazo de presentación de solicituds para realizar as probas de obtención dos Celga. O prazo rematará o 15 de abril e a data do exame do Celga 4, inicialmente prevista para o 15 de maio, adíase até o día 25

Ademais, aquelas persoas que non se puideren presentar nesta nova data e xa tiveren pagado as cotas de exame, poderán solicitar a devolución da taxa no prazo de dez días contado a partir do 9 de abril.

Fonte da nova: Secretaría Xeral de Política Lingüística

Mais información: http://xunta.es/linguagalega/noticias/599

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Posted under Formación

Esta entrada foi escrita por Admin o abril 11, 2008

Tags: