Cursos de linguaxe administrativa que terán lugar nas escolas oficiais de idiomas de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publicou o mércores 3 de febreiro a Orde 2010 pola que se convocan cursos gratuítos de linguaxe administrativa galega, que terán lugar nas escolas oficiais de idiomas de Galicia. Os cursos impartiranse en dúas quendas: a primeira comezará en febreiro/marzo de 2010 e a segunda en outubro de 2010, en horario de mañá ou de tarde segundo a dispoñibilidade de aulas.

Os cursos van dirixidos ao persoal das diferentes administracións públicas de Galicia. No caso de non cubrirse as prazas ofertadas para cada curso, poderán solicitalos as persoas maiores de idade que posúan os certificados ou acreditacións equivalentes.

Os prazos para a presentación das solicitudes serán os seguintes:

  • Para a quenda de febreiro/marzo a xuño: será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
  • Para a quenda de outubro a xaneiro: do 1 ao 20 de setembro de 2010.

Dentro da área de influencia de Cerceda, os cursos de linguaxe que se convocan son os seguintes:

Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela

  • Curso de Linguaxe Administrativa de nivel Superior: 2º cuadrimestre de 2009-2010, de 13.00-15.00 h, os luns, martes e xoves
  • Curso de Linguaxe Administrativa de nivel Superior: 2º cuadrimestre de 2009-2010, de 13.00-15.00, os luns, martes e xoves
  • Curso de Linguaxe Administrativa de nivel Superior: 2º cuadrimestre de 2009-2010, de 18.30-21.30, os luns e mércores
  • Curso de Linguaxe Administrativa de nivel Superior: 2º cuadrimestre de 2009-2010, de 10.30-12.30, os martes, xoves e venres
  • Curso de Linguaxe Administrativa de Nivel Superior: 1º cuadrimestre de 2010-2011, con horarios e datas por determinar
  • Curso de Linguaxe Administrativa de Nivel Medio; 1º cuadrimestre de 2010-2011, con horarios e datas por determinar
  • Curso de Linguaxe Administrativa de Nivel Superior: 1º cuadrimestre de 2010-2011, con horarios e datas por determinar

Escola Oficial de Idiomas da Coruña

  • Curso de Linguaxe Administrativa de Nivel Medio: 1º cuadrimestre 2010-2011, con horario por determinar, os luns, mércores e venres

Para máis información pode consultar a orde da convocatoria, descargala en pdf, ou contactar co Gabinete Provincial da Secretaria Xeral de Política Lingüística.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Posted under Formación

Esta entrada foi escrita por Admin o febreiro 3, 2010

Tags: , , ,

Convocatoria de cursos de linguaxe administrativa

A Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocan cursos de linguaxe administrativa galega, de nivel medio e superior, que terán lugar nas escolas oficiais de idiomas da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo ao longo deste ano. Estes seminarios impartiranse en dúas quendas: a primeira comezará en febreiro/marzo e a segunda en outubro.

As persoas interesadas en asistir ás clases da primeira quenda, a de febreiro / marzo, disporán de 20 días naturais, contados a partir de mañá, para entregar a súa solicitude. Para a quenda de outubro, o prazo de presentación de impresos abrangue desde o 1 ata o 20 de setembro.

As relacións de seleccionados para participar nestas clases, así como as datas de comezo destas, faranse públicas tanto nos taboleiros de anuncios da escola oficial de idiomas en que terá lugar o curso como na súa páxina web.

Os cursos van dirixidos preferentemente ao persoal que realiza funcións administrativas nas diferentes administracións públicas de Galicia.

Pode consultar a convocatoria completa nesta ligazón.

Fonte da nova: www.ctnl.org

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Posted under Formación

Esta entrada foi escrita por Admin o febreiro 5, 2009

Tags: , , ,

Cursos de linguaxe administrativa para o persoal da administración

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convocou o 28 de xaneiro (DOG do 7 de febreiro) diferentes cursos de formación lingüística, nomeadamente de linguaxe administrativa nos seus niveis medio e superior, nas diferentes escolas oficiais de idiomas do país. Neste momento está aberto o prazo de solicitudes para a quenda de outubro.

Os cursos van dirixidos preferentemente ao persoal que realiza funcións administrativas nas diferentes administracións públicas de Galicia. No caso de non cubrirse as prazas ofertadas para cada curso, poderán solicitar a realización destes cursos as persoas maiores de idade que posúan o certificado de ter feito o curso de perfeccionamento de galego ou acreditación equivalente para acceder ao nivel que soliciten.

Nesta quenda de outubro ofértanse os cursos seguintes na nosa área de influencia:

EOI da Coruña

  • Curso de nivel medio: de 16:00 a 18:30 (martes, xoves e venres)
  • Curso de nivel superior: de 9:00 a 11:00 (luns, mércores e xoves)

_

EOI de Santiago de Compostela

  • Curso de nivel medio: de 13:00 a 15:00 (martes e venres)

_

O prazo de presentación de solicitudes remata o 20 de setembro. Para máis información pode consultar a convocatoria completa ou contactar connosco:

Normalización Lingüística, Concello de Cerceda. Avda do Mesón 21, 3.º andar

981 685 001, extensión: 40

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Posted under Formación

Esta entrada foi escrita por Admin o setembro 5, 2008

Tags: ,