Tes algo que me preguntar?

Grazas ao blogue de María Loureiro, Tecnoloxía.org, descubrimos un novo servizo da denominada web 2.0, o Formspring.me, un sistema mediante o que calquera persoa pode facer preguntas e cuxa resposta se alberga nun sitio web.

A partir de agora, na barra lateral esquerda deste blogue todas as persoas que acceden ao blogue terán un formulario para preguntar calquera cuestión relacionada coa lingua e coa normalización (asesoramento lingüístico, cursos, lexislación...). As respostas poden verse nesta outra páxina.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Posted under Dinamización

Esta entrada foi escrita por Admin o xaneiro 5, 2010

Tags: , , ,

Premios á innovación en normalización lingüística nos centros escolares

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e a Secretaría Xeral de Política Lingüística convocan os premios de innovación en materia de normalización lingüística, dirixidos aos centros públicos que desenvolvan os proxectos presentados durante o curso académico 2009-2010. O prazo de presentación remata o 10 de outubro.

Segundo a convocatoria, entregaranse 7 premios, 3 menos que na convocatoria anterior, a proxectos que fomenten o galego oral en novos ámbitos dentro e fóra das aulas, o achegamento á lingua por parte de estudantes estranxeiros/as, o favorecemento ao uso da lingua por parte de asociacións, empresas, etc., e a relación da lingua galega coas tecnoloxías da información e a comunicación. Cada un dos premios está dotado con 3.000 euros.

Pode consultar a convocatoria e todos os documentos relacionados nesta páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Fonte da nova: CTNL

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Posted under Convocatorias

Esta entrada foi escrita por Admin o setembro 9, 2009

Tags: , , ,

Mudámonos á Blogaliza

De Imaxes do blogue

Hai un ano, comezabamos a nosa aventura neste blogue nun outro enderezo, snlcerceda.wordpress.com. Dende aquela, recibimos máis de 5000 visitas diferentes, cumprindo os obxectivos que nos marcabamos. Ademais, fomos pouco a pouco recibindo comentarios e diferentes persoas, tanto do concello como de fóra, souberon da nosa existencia grazas a estas páxinas.

Hoxe comezamos un novo camiño, desta vez na Blogaliza, un proxecto feito no país e en galego onde teñen cabida blogues de todos os tipos, dende culturais a literarios, pasando por diarios persoais, musicais, informáticos. Para alén diso, recentemente a Blogaliza mudou non só o seu deseño externo, senón que abriu diferentes funcións: creación de grupos e de redes, compartir experiencias nos foros...

Estes e outros motivos leváronnos a mudar o noso enderezo e o noso blogue. Agardamos que os cambios sexan para mellor e, se así non for, agardamos as vosas suxestións.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Posted under Saúda

Esta entrada foi escrita por Admin o maio 5, 2009

Tags: , , , ,

Convocatoria de subvencións a entidades sen fin de lucro para incrementar o uso da lingua galega na transmisión familiar e na mocidade

(Nova tirada do web da CTNL)

No DOG do 31 de decembro de 2008 publicouse a Resolución pola que se regula a concesión de subvencións a entidades privadas sen fin de lucro para incrementar os usos da lingua galega na transmisión familiar e na mocidade.

OBXECTO

Esta convocatoria ten por obxecto regular, para o exercicio 2009, a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva a entidades privadas sen fin de lucro con incidencia nos ámbitos da familia, da infancia e da mocidade que presenten proxectos de actuación encamiñados a ampliar e/ou reforzar os usos da lingua galega.

As subvencións teñen como fin o de desenvolver as medidas que se recollen nas áreas de transmisión familiar e de mocidade do Plan xeral de normalización da lingua galega, cara a promover a programación e a realización de proxectos especificamente relacionados con estas áreas concretas, e deseñados de acordo con obxectivos como cocienciar as familias das vantaxes do coñecemento e uso do galego, fomentar a transmisión da lingua galega, aumentar a presenza da lingua no ámbito infantil, estimular actitudes favorábeis nas xeracións máis novas, potenciar o uso do galego como lingua de relación da mocidade, etc.

ENTIDADES DESTINATARIAS

Poden solicitar estas subvencións todas as entidades sen fin de lucro legalmente constituídas, excepto: as administracións públicas, as asociacións de nais e pais de alumnos/as e as agrupacións destas.

Cada entidade poderá presentar un único proxecto.

ACTIVIDADES SUBVENCIONÁBEIS

Son actividades subvencionábeis todas aquelas consistentes en:

-Fomentar o uso do galego como lingua de transmisión familiar de pais/nais a fillos/as.
-Propiciar que os responsábeis dos servizos persoais á comunidade (educadores/as, monitores/as, técnicos/as culturais, traballadores/as sociais, etc.) sexan dinamizadores/as da lingua galega.
-Fomentar o uso do galego nos contextos sociais de máis impacto e utilización por parte da mocidade (pubs, discos, bares, etc.).
-Fomentar a utilización do galego nas actividades deportivas.
-Interrelacionar mozos/as de diferentes perfís lingüísticos a través de actividades de lecer (campamentos, obradoiros, excursións, etc.).
-Crear diversos soportes en galego de información e interrelación xuvenil (revistas, webs, blogs, soportes audiovisuais, xogos, software, etc.).
-Deseñar e executar plans de normalización lingüística e crear ou manter gabinetes de normalización lingüística para galeguizar o funcionamento e as actividades das entidades.

PRAZO DE SOLICITUDE

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da resolución do DOG (31/12/08).

Resolución completa en .pdf (DOG do 31/12/08)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Posted under Convocatorias

Esta entrada foi escrita por Admin o xaneiro 2, 2009

Tags: , , ,